Dentro do programa de obradoiros e actividades de verán que ofertamos no Museo Provincial do Mar de San Cibrao este mércores 19 de xullo, levamos a cabo o taller No museo re-sopra. No Museo Provincial do Mar temos sorte de custodiar unha parte importante da historia da Mariña: a dos cazadores de baleas. Achegámoslla ao Club Pequeamig@s e, para logralo, investigamos entre as pezas do museo ata descubrir que especies de baleas se cazaban en San Cibrao, onde, como, por que e cando. O próximo taller para os Pequeamig@s terá lugar o mércores, 26 de xullo, de 11:30 a 13:00 h co título Vento mareiro.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



