Cervo, 20 de xullo de 2017.- A segunda edición do Festival multidisciplinar Gadélica xa está ás portas.
O Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos repite como escenario de excepción deste encontro multidisciplinar no que haberá actividades dirixidas a todos os públicos que poderán entrar de balde ao recinto.
O evento comezará o venres 28 de agosto, ás 19:00 horas, e prolongarase ata o domingo 30 de xullo, ás 15:00 horas; con música e actividades practicamente sen descanso.
Haberá dous escenarios, o principal bautizado como Trance Stage; e o alternativo Delos.
Como cabeza de cartel do escenario principal destaca Yar Zaa (maharetta records), o músico de psy trance máis influente de España e reclamado nos festivais internacionais máis importantes deste estilo musical. Ademais, tamén destaca David FractalMoon, emerxente figura ibicenca que xa estivo en Gadélica na pasada edición; ou Shine, un músico hindú referente nesta tendencia.
Pola súa banda, no escenario alternativo os madrileños Musílabus achegarán a súa música que é unha mistura de electrónica e acústica, coa influencia cubana de parte dos seus membros; e tamén actuarán, entre outros, os vigueses IGMIG, grupo revelación no panorama musical galego.
Ademais, o venres, de madrugada, será a quenda de DJ Chente e o sábado, ás 18:00 horas, actuará o recoñecido cuarteto de clarinetes Tetramorph.
En Gadélica haberá diferentes espazos, con actividades variadas e para todos os públicos. De feito, programáronse talleres de tarot, de mándaras e auga, de sons do corpo, de danza contac, de Rebirthing,sesións de ioga, unha experiencia de sanación don Gongs planetarios, un gabinete esotérico de cartomancia…
Como festival multidisplinar que é, haberá un espazo expositivo, no que se amosará o cadro orixinal desta nova edición de Gadélica, ademais doutras moitas obras.
É un festival pensado para todos os públicos no que os nenos tamén terán o seu protagonismo; de feito o sábado á tarde poderán gozar da actuación de varios dos membros da Asociación de magos afeccionados da Mariña; e tamén de obradoiros de robótica.
Dende o Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, convidan a veciños e visitantes a gozar deste evento e da grandeza de Sargadelos “nunha fin de semana única, na que a música e a natureza se fusionan ofrecendo unha faceta diferente e máxica desta paraxe que é en si mesma especial, na que se volverá a prestar especial atención á decoración e a ambientación para tentar conseguir ese ambiente excepcional que cautivou e deixou pegada na pasada edición”.
Con esta segunda edición, pois, -engadiu Caramés- “damos continuidade a este encontro artístico multidisciplinar que naceu en Sargadelos, e que pretende consolidarse no tempo como unha cita cultural e musical de referencia do verán da Mariña”.
“Agardamos que esta nova edición de Gadélica sexa un punto de encontro para todo tipo de público, esa é a filosofía sobre a que traballamos, de feito, prestamos especial atención á programación de actividades paralelas pensadas para os mozos e mozas, que cremos que resulturán atractivas e interesantes”.
No recinto haberá ademais todo tipo de propostas gastronómicas.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



