Ribadeo, 9 de agosto de 2017. A Concellaría de Cultura comunica a suspensión do festival Zona Vella de Ribadeo, que estaba previsto celebrar do 23 ao 27 deste mes de agosto. Farruco Graña sinala que a causa desta suspensión é que os organizadores non acadaron os suficientes apoios entre a empresa privada. E agarda que para vindeiros anos a iniciativa teña máis éxito, á vez que subliña que dende o Concello se aportou colaboración tanto económica como loxística para a celebración deste evento.
O edil nacionalista manifestou que “desde o Concello de Ribadeo queremos comunicar que o festival Zona Vella Ribadeo, que estaba previsto celebrar entre os días 23 e 27 de agosto, vai ser suspendido posto que as persoas e a entidade organizadora non foron quen de acadar o suficiente apoio de empresas privadas para sacalo adiante”.
Farruco Graña asegurou que “desde o primeiro momento á Concellaría de Cultura pareceulle unha aposta interesante, algo distinto, algo que podería dinamizar enormemente á zona vella de Ribadeo durante eses días, e comprometémonos desde o principio cunha achega tanto económica como, sobre todo, de apoio loxístico para desenvolver este festival. Pero desde o mundo da empresa privada non foi posible materializar unha esponsorización potente para sacar adiante este proxecto tan ambicioso, co cal queda adiada a celebración deste festival”.
O concelleiro ribadense agarda que “para anos vindeiros poida ter máis éxito, pero de tódolos xeitos tamén queremos destacar desde o Concello de Ribadeo que estamos dispostos a esforzarnos, a arriscar pero desde logo dentro dunha xusta medida. No caso de que non se materializara dito proxecto nós declinamos toda responsabilidade porque desde a nosa parte puxemos e fixemos todo o posible”.
Farruco Graña salientou que “en todo caso nesa fin de semana vai haber actividade suficiente igual para pasalo ben, tanto as persoas que vivimos aquí todo do ano e que estamos de lecer durante o verán, como as persoas que nos visitan. O venres 25, temos o concerto de bandas sonoras por parte da Banda Municipal de Música de Ribadeo. E o sábado, día 26, as amigas e amigos da comisión de Antroido están a preparar unha sorpresa especial, vai ser un guateque singular no que moitos e moitas de nós poderemos retrotraernos aos anos mozos, lembrar aquel primeiro bico que demos no verán nos guateques e que, desde logo, deixounos un sabor e unha lembranza moi especial. Para a xente nova está ben coñecer e saber como os seus avós e os seus pais celebraban os seus guateques, que todo é bo aprender”.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



