“O home ten tal natureza que fai máis impresión nel a ficción que a verdade”. Isto dicíao no “Eloxio da Tolemia ” o gran pensador, Erasmo de Rotterdam.
Cada vez que nos enfrontamos a un período electoral, o próximo por estas “Veigas” será o de elixir alcalde e concelleiros, renovamos a nosa capacidade de ficción, de mistificación, de soños e de irrealidade, de autoengano e de esperanzadora expansión nas nosas pequenas e grandes ideoloxías.
No caso de Viveiro os dous gobernos de esquerda con dúas lexislaturas no poder facendo practicamente nada por cambiar a orde desordenada de cousas que quedaron dos 20 anos de goberno de Cesar Aja que repetiu perante o seu mandato o que se viña facendo na ditadura franquista.
Melchor Roel só fixo maquillar o sistema, dopouno socialmente, blindouno aínda mais para evitar sorpresas, e aí están, novamente esperando que as xentes crean as promesas para o futuro, en reiterado xesto de imbecilismo morfémico.
Roel gañou pola súa simpatía e porque axudáronlle moito a prepotencia exercida por o seu predecesor, Aja pola súa forza imperativa de liderado dentro da dereita viveirense, co tempo exerceu imaxe paterna
O PP segue a ser en Viveiro Cesar Aja, el e solo el, de el son os éxitos e os fracasos, a candidatura de Leal queda simplemente como unha anécdota.
A dereita de Viveiro quedou a pasada semana reforzada por unha executiva que inclúe as vellas glorias dos 20 anos de gobernos Aja, con algunha excepción que confirma a regra.
Cesar Aja actúa con soltura de corpo, pois sabe que en Viveiro, gracias a inoperancia e mal facer da esquerda, non hai forza social organizada que poida enfrontárselles con algunha posibilidade de cambiar o folgado esquema de privilexios que se auto outorgaron neste prolongado período de “paz social”, que é, a non dubidar, unha especie de paz dos cemiterios,
Agora aproximámosmos a unha nova elección onde as dúas correntes do poder enfróntanse para dirimir a quen correspóndelle dirixir ao “cuartel “. Pois un sistema que está preso social e xuridicamente, baixo unha gaiola de ferro estruturalmente impenetrable, simplemente están presos, é unha especie de cuartel ou unha “cidadanía sitiada”, onde quen ouse criticar, cantar e contar as verdades do barqueiro, “van a por el” como seica dí o concelleiro de autobuses, festas e romeiras do bó xantar.
Mentas o PSOE anuncia “polo baixiño” o posible nomeamento de Maria Loureiro,
as súas virtudes non podemos destacar pos nestes casi catro anos limitouse a ser a recadeira de Melchor con algunhas malas “mañas” no pouco que fixo ou desfixo dende a praza Maior, si se presenta o PSOE sufrira unha debacle podendo baixar 2 ou 3 concelleiros. O Bloque sei que presentara a Bernardo Fraga xoven promesa e que por descarte pode subir 2 concelleiros, IU si se vai Orlando Expopsito quedara fora do mapa.
Curiosa condición que xa Erasmo de Rotterdam hermanaba á tolemia por alá polo século XVI, cando advertía:
“Decides que é unha desgraza vivir no engano; mellor é dicir que é unha desgraza vivir sen engano”. (O eloxio da tolemia).


















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



