As food trucks e as súas propostas gastronómicas están a ser un éxito. A mediodía e tamén pola noite o evento é amenizado por diferentes grupos musicais chegados desde diversos puntos da Mariña e tamén de Asturias. Os máis pequenos tamén teñen o seu oco en Foz Market 2017, así coma os amantes do mundo do automóbil que se están a achegar a coñecer as interesantes novidades en híbridos do grupo Breogán, presente en Foz con marcas como Kia, Toyota ou Lexus. Os que o desexen poden achegarse a probar algúns dos modelos que alí poden atopar. A feira Foz Market seguirá aberta ata o vindeiro domingo, 20 de agosto. A entrada é gratuíta.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



