A Mariña 10-9-17. Logo das declaracións a diversos medios de comunicación, de Daniel Vega, coordinador do PP na provincia de Lugo e parlamentario galego, a Plataforma en defensa da Sanidade Pública
De A Mariña, quere subliñar o radicalismo deste político nas súas falsedades.
Cinguíndonos literalmente ó seu argumentario, imos demostrarlle que a pesares de ser nado
en Ribadeo, descoñece a Mariña e moito máis a sanidade pública da Mariña e convertese
vostede en unha ferramenta sen criterio de unhas persoas concretas, de un partido e de un
goberno.
-A única verdade que conta é que facemos política, a Plataforma está conformada por mulleres
e homes a título individual, por asociacións de doentes, por asociacións culturais, deportivas,
de veciños /as, por partidos políticos, por organizacións sindicais. Na plataforma cabemos
todas e todos, e vostedes non están nin as asociacións que controlan, simplemente porque non
quixeron participar (de todolos xeitos aínda están a tempo de facelo a través do seguinte
correo-e : plataformasanitaria@gmail.com)
A Plataforma non é de dereitas nin de esquerdas, nin centralísta nin nacionalísta, somos
simplemente usuarios/as preocupados/as que queremos a mellor sanidade pública para a Área
da Mariña, queremos incremento de servizos e de persoal, mantemento dos que xa tiñamos e
mellora da atención primaria,con capacidade de xestión de recursos propia e non dependente
de Lugo. Claro que
facemos política, porque creemos que en democracia é licito responder ao que consideramos
lesivo para o común e sobre todo cando emana de decisións políticas tales como leis,
decretos ou normas, todos facemos política tódolos días , cos nosos comentarios, coas nosas
actitudes ou simplemente co feito de ir votar, incluso aqueles que manifestan “ eu non son
político”, como pode ver somos como calquera, nin máis nin menos.Si non fixeramos política
a cotío significaría que estabamos nun estado totalitario e represivo, e supoño que
vostedes non pretenden iso,aínda que as veces parécenos que se trabucan ( Lei “ Mordaza”,
multas por protestas pacíficas, retirada da pancarta da xunta de persoal da área da Mariña). As
veces, e moitas, fan que lles pase pola esquerda o recordo daquel líder de AP e PP que chegou
a dicir “ la calle es mía”.
-Di vostede que pretendemos desprestixiar o goberno galego. Temos que dicirlle que o
goberno galego é o noso goberno, lexitimado por resultados electorais ;simplemente somos
críticos coa súa maneira de facer política sanitaria, facemos critica con raciocinio, con probas e
con unha única pretensión, que mude as súas ansias de desmantelar a Area sanitaria
da Mariña.
-Fala vostede que a Plataforma ten un proceder inaceptable. Supoñemos que non quixo dicir o
que dixo, non podemos crer que o seu partido e vostede non acepten criticas,
que lles podan sentar mal as opinións contrarias cando están documentadas, de ser así
reforzase máis o noso argumento anterior sobre liberdades de expresión e sindicais.
-Di vostede que non se pode por en dúbida que o PP e a Xunta traballan pola sanidade
pública. Imoslle dar algúns detalles contrarios coa súa afirmación e baseados na realidade
dos/as usuarios/as da sanidade pública na Mariña: Co goberno do PP no Estado e sen facer
nada, cando podían como fixeron en outras comunidades, formalizaron o repago farmacéutico
rachando co concepto de sanidade pública e gratuíta, xeneralizada a toda a poboación e
implantando un canon a patoloxía crónica. Na atención primaria suprimironse postos de
traballo en tódalas categorías profesionais, con listaxes de agarda para consulta e poucas
coberturas de
ausencias de profesionais o que supón a unha peor calidade asistencial e a desesperación
laboral de tódalas persoas que figuran nos listados de contratación. Respecto a atención
prestada no Hospital da Costa. Fai máis de un ano que as intervencións de implantación de
marcapasos derívanse a Lugo. Fai moito tempo que os prematuros da Mariña nacen en Lugo a
pesares de que hai unha unidade de prematuros no servizo de pediatría. As intervencións de
fimose en nenos facías o servizo de uroloxía, agora derívanse a Lugo. A maioría de
intervencións de cataratas derívanse a Lugo. As intervencións de hernias inguinais e
traumatoloxía non urxente así como a consulta de protocolo de xeonllo, fanse en Lugo.
-Xa que mentimos tanto, díganos con cifras,” luz e taquígrafos” cal e o custo do contrato programa asinado co servizo de oncoloxía do Hula por pasar a consulta en Burela. As manifestacións de Balseiro e de vostede de que foron feitas 8579 consultas no hospital da Costa por especialistas de Lugo, non fai máis que reafirmarnos en que a solución non é que veñan especialistas, senón que se cree o servizo de oncoloxía no hospital da costa con especialistas de cadro deste hospital.
-Díganos cantas consultas e intervencións cirúrxicas a doentes da Mariña se fixeron no Hula, na Virxe dos Ollos Grandes e no Polusa, cantas resonancias magnéticas a doentes da Mariña se fixeron en Lugo .
-Os únicos que se senten donos da sanidade pública son vostedes, cando debía ser a cidadanía, vostedes son os que fan e desfan, seica iso é labor de goberno, pero cando se fai sen consenso , pola porta de atrás, e con un anteproxecto de modificación da Lei Galega de Saúde que muda a esencia da asistencia sanitaria xa que a lexislación vixente entende que a prestación sanitaria debe desenvolverse tendo en conta as necesidades da cidadanía. Pois agora o novo texto di que pasa a realizarse en función dos recursos existentes, polo tanto a resultas desta mudanza son os orzamentos que o lexislador decida destinar os que determinan a calidade do servizo. O mundo ó revés.
-Di vostede que coa nova Lei non perde autonomía a Mariña, facendo unha análise profunda da realidade, ten vostede algo de razón, non perde autonomía porque dende o ano 2013 coa creación da EOXI de Lugo-Cervo e Monforte xa non a tiña a nivel de control orzamentario e de dirección do centro pero agora “ legalizase” o traslado forzoso de profesionais e o traslado permanente de doentes de A Mariña para ser atendidos na sanidade privada de Lugo.Esta é a última navallada a nosa comarca.
-Fala vostede que só queremos un asento quente e cómodo. A verdade é que vostede é un distorsonador da realidade. Siga vostede no asento quente e cómodo que lle concedeu o partido, nos seguiremos sendo masa crítica con quen sexa, nos somos traballadores e traballadoras, xubilados/as e sobre todo doentes ou posibles doentes que so pretendemos unha sanidade pública , financiada con impostos xerais, sen repagos con amplos servizos na Mariña tanto na atención primaria como na especializada, con unha estrutura organizativa de xestión integrada de ámbito da Area sanitaria da Mariña. E con estes prantexamentos, estamos seguros que concordan a maioría de cidadáns da Mariña.
-Fala vostede de inversións no hospital e aumento de servizos. Sempre estivemos de acordo, e foi unha petición nosa dende o inicio da nosa andaina a implantación do servizo de oncoloxía algo que ata de agora está sen desenrolarse e a atención que se da, faise en un lugar pouco axeitado, pero seguimos a defendelo e agardamos que ca ampliación mellore a situación. O resto das obras é un incremento de non máis de 10 camas e non 45 como vostede di, e un magnifico aparcadoiro no que haberá que pagar porque se privatizará. Moito ruído e poucas noces.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



