Burela a 11 de setembro de 2017. CIG Saúde A Mariña presentou denuncia na Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo ante a situación do Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital da Costa ao estarse a producir diversos incumprimentos á normativa en relación coa Prevención de Riscos Laborais, a protección da saúde e seguridade dos traballadores e traballadoras relacionados cos Axentes Químicos durante o traballo.
Dende CIG Saúde denuncian a ausencia de medidas preventivas no que respecta ao almacenamento e condicións de uso de formaldehido (clasificado como canceríxeno e mutáxeno 1B).
O formaldehido é amplamente utilizado na contorna hospitalaria como axente conservante e fixador de tecidos. O seu uso é tamén xeneralizado nos laboratorios de anatomía patolóxica, onde existe unha exposición importante por parte dos traballadores e traballadoras. Doutra banda, trátase dun composto que causa irritación das vías respiratorias superiores, asma e bronquite, mentres que por contacto pode causar eccemas alérxicos, ademais de efectos canceríxenos. Así, estes feitos dan como resultado unha situación que, de non tratarse coas medidas adecuadas, pode xerar un problema serio de saúde ocupacional para o persoal empregado nos laboratorios de anatomía patolóxica, explican dende CIG Saúde A Mariña.
A central nacionalista afirma que no Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital da Costa non existe ventilación xeral (obrigando a abrir fiestras e usar ventiladores portátiles), no que respecta á existencia de extraccións localizadas na zona de manexo de formaldehido soamente existe na sala de tallado, non hai ningún armario nin local específico para o almacenamento da substancia con extracción e a sala de autopsias non cumpre os requisitos para o seu fin a nivel material e de espazo, atopándose nunha situación insalubre.
CIG entende que hai que priorizar a seguridade no traballo, cos mínimos de calidade esixible, e ante o desleixo desta Xerencia Executiva do Hospital da Costa vese na obriga de interpoñer denuncia no organismo pertinente.




















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



