SANTIAGO .- A conselleira de Sanidade e presidenta do Servizo Galego de Saúde, Pilar Farjas Abadía, sinalou hoxe, no Pleno do Parlamento, que “o Goberno galego ten un compromiso por prestar servizos públicos de calidade, en tempo e forma, con equidade, cunha xestión eficiente, e o máis preto posible do lugar de residencia das persoas”. En consecuencia, “os servizos de Atención Primaria e os hospitais comarcais son e serán estruturas fundamentais que non só se van manter, senón que a súa capacidade de resolución verase reforzada”.
Pilar Farjas reiterou que a o seu departamento “non ten previsto suprimir ningún servizo para os cidadáns da Mariña lucense ou de Monforte”. Dende logo, “non vai anexionar Burela na área de Ferrol, como tiña previsto facer o bipartito”. De feito, “vaise ubicar unha ambulancia medicalizada en Foz, para reforzar a atención sanitaria urxente e os posibles traslados de pacientes da Mariña lucense”.
Asemade, tanto no Hospital da Costa como no de Monforte “estanse a realizar ou previstas diversas melloras”. Así, no centro sanitario da Costa, a pesar de terse aprobado un plan funcional no último trimestre de 2008, non quedou consignado nos orzamentos de 2009.
As obras de reforma do andar de Tocoxinecoloxía estaban previstas para xaneiro do presente ano, “pero foron pospostas porque non contaban coa aprobación dos profesionais”. Para esta obra prevíase, inicialmente, un investimento de 661.564 euros, pero como foi necesario mellorar, con posterioridade, os espazos das instalacións, redactouse un modificado, sendo o investimento total en obra de 793.703 euros.
Na actualidade, dixo a conselleira de Sanidade, está previsto reiniciar as obras en febreiro de 2010, polo que se estima a súa finalización no segundo semestre do ano.
Polo que se refire á reforma da cuberta e rampla no Hospital da Costa, na actualidade atópase xa supervisada e pendente de saír a licitación, por un importe de 615.400 euros.
Outras melloras realizadas neste ano, por un importe de 22.300 euros, son a reforma urxente da entrada das urxencias, por 16.300 euros; e a posta en marcha da reforma da admisión, tamén de urxencias, para engadir un espazo á actual sala, por 6.000 euros.
Ademais de todo o antedito, melloráronse os equipamentos do hospital, por valor de 200.000 euros.
Polo que atinxe, ao Hospital Comarcal de Monforte, está en fase de supervisión a reforma das fachadas do centro. Nos orzamentos de 2010 hai previstos 275.000 euros para a licitación desta obra.
En canto á reforma de laboratorios e consultas externas, está redactado o proxecto e supervisado, polo tanto, xa pendente de sacar a licitación. O investimento previsto para esta reforma ascende a 1,8 millóns de euros.
Outras obras realizadas, por un importe de máis de 315.000 euros, son, a substitución das cañarías de auga quente por tubaxes de aceiro inoxidable; a substitución de cadros eléctricos nos distintos andares do hospital; o entronque da liña de alta tensión; a substitución da central de chamadas en habitacións de pacientes; ou a impermeabilización de terrazas.
Engadido a todo o anterior, xa a está a funcionar o PAC de Monforte, reformado e ampliado. Esta obra consistiu nunha reforma do baixo andar do hospital, para albergar o servizo de urxencias de Atención Primaria, por un importe de máis de 458.000 euros.
Para finalizar a súa intervención, Pilar Farjas reiterou que o Goberno que preside Núñez Feijóo é consciente da importancia dos servizos sanitarios para a poboación, “e está comprometido non só a mantelos, senón, a melloralos”. Destacou, igualmente, a titular da carteira sanitaria do executivo galego, que o plan funcional do bipartito para o Hospital da Costa limitouse, unha vez máis, “a papeis e presentacións baleiras de contido”, sen ningunha partida orzamentaria prevista nos presupostos do 2009.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



