Cervo, 13 de setembro de 2017.- O Concello de Cervo vén de restaurar a escultura Os Sete Mares, obra de Quique Guerra, que leva máis de vinte anos instalada na entrada da Atalaia, no peirao de San Cibrao.
Ao acto asistiron o rexedor Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, ademais da viúva do artista, María Victoria García, unha das súas fillas, e varios familiares e amigos.
O evento foi unha homenaxe ao autor, finado vai xustamente un ano do que Villares quixo destacar a súa “sensibilidade á hora de expresar ideas ou sentimentos a través da pintura ou a escultura; e a súa paixón polo medio natural que deixa intuír nesta obra que é unha mostra do seu legado, coa que temos o privilexio de contar no noso Concello e coa que quixo representar a través da pedra o abrupto do mar; e a través das cerámicas as ondas nas diferentes tonalidades”.
O rexedor tamén quixo facer un chamamento ao civismo e ao respecto pola arte e a cultura no seu conxunto “porque xa non é a primeira vez que temos que reparar esta escultura froito dalgún acto, illado iso si, de vandalismo”.
Villares apuntou que non Concello de Cervo contamos con máis de quince pezas de arte instaladas en diferentes puntos do municipio, e dende o Concello cremos que é fundamental darlle o valor que merece calquera expresión artística e tamén ao traballo que desenvolven os seus autores e que embelece a nosa contorna.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



