Lugo, 19 de setembro de 2017.- En coincidencia co inicio do curso escolar, a Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición do programa Almorzos saudables nos colexios da provincia de Lugo, dirixido a “fixar hábitos saudables na alimentación dos máis pequenos e mellorar a saúde bucodental dos nosos escolares”.
Así o explicou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, que engadiu que a iniciativa está dirixida ao alumnado de quinto e sexto de educación primaria e bota a andar, mañá e o xoves, no CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei. O programa está promovido pola Consellería de Sanidade en colaboración coa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A actividade consiste na elaboración e degustación de almorzos saudables no propio centro. Ao comezo, impartirase unha breve charla informativa e motivadora sobre a importancia do almorzo e dunha dieta equilibrada para acadar un desenvolvemento san, e concluirá con outra charla sobre saúde bucodental e sobre técnicas de cepillado.
A actividade ten lugar en horario lectivo e o centro educativo faise cargo do almorzo, coa participación do profesorado e tamén dos pais e nais. A Xunta entregará a cada alumno un cepillo de dentes, a pirámide dos alimentos e un mantel individual.
Os menús ofértanse en dúas mañás, con lixeiras variacións. Inclúen lácteos, pan, tomate, aceite, xamón cocido ou serrano, froita e froitos secos, e son optativos o cacao puro e o azucre.
A través da mellora do hábito do almorzo, esta medida persigue incluír na alimentación produtos con todo tipo de nutrientes, potenciar unha oferta variada de alimentos, e ofrecer cantidades axeitadas desde o punto de vista nutricional. Tamén se promoven aspectos relacionais entre o propio alumnado, como a charla e o goce da comida.
Balseiro destacou a importancia de “incluír un almorzo saudable na dieta dos nosos escolares, que redundará nun mellor rendemento físico e intelectual, axudando a conseguir unha correcta distribución das calorías ao longo do día para, desta forma, axudar a manter o peso idóneo”.
O delegado sinalou que un almorzo escaso ou inadecuado “pode predispoñer aos escolares a consumir durante a mañá bollería industrial, lambetadas ou bebidas refrescantes e a realizar comidas máis abundantes”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



