Ribadeo, 19 de setembro de 2017. O Concello conta cun remanente positivo de 1.500.000 euros e un resultado orzamentario positivo en 930.000 euros. Estas son as cifras da conta xeral de 2016, que se someterá a aprobación no pleno ordinario que terá lugar este xoves, 21 de setembro. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que o período medio de pago a provedores está en 9 días, unha vez que as facturas son aprobadas.
O rexedor contou que “para este pleno ordinario, que se vai celebrar aquí en Ribadeo o vindeiro xoves, 21 de setembro, ás 20:30 horas hai unha serie de asunto, pero eu quixera destacar os de índole económica, entre os que figura a aprobación da conta xeral de 2016. Trátase dun documento técnico que hai que remitir, como nos últimos anos, ao Tribunal de Contas e nas cales inclúe a liquidación do ano pasado”.
Para Fernando Suárez “debemos dicir con orgullo de que se continúa na liña de estes últimos anos. Volvemos ter un remanente positivo, é dicir unha acumulación de liquidez importante, incluso superior á do ano pasado, xa que chega ao millón cincocentos mil euros, mentres que no 2016 era de 1.300.000 euros. O resultado orzamentario sigue sendo positivo en 930.000 euros. É dicir,q que en todo o exercicio anterior tivemos máis ingresos que gastos, de aí que tivéramos un balance positivo ao final do ano”.
O alcalde ribadense dixo que “todo isto é positivo porque temos un plan económico financieiro de estabilidade, que aínda sigue vixente, pero neste ano cumprimos todos os seus obxectivos e estamos encarando sen dúbida o último ano de vixencia deste plan. E neste ano contamos cumprir para quede sen efecto este plan, que non deixa de ser un corsé”.
Suárez Barcia subliñou que “aproveitamos o remanente que estou a comentar para amortizar moitísimo a débeda bancaria, practicamente en dous anos (neste e no anterior) amortizamos 1.200.000 euros, moito deste diñeiro de maneira anticipada e non só coas cotas que tiñamos asignadas de xeito periódico. Polo tanto este préstamo do plan de pagamento a provedores, que tivemos que solicitar hai un tempo, contamos liquidalo no ano que ven”.
O rexedor engadiu que “ao mesmo tempo destas cifras macroeconómicas as máis microeconómicas, as que os provedores moitas veces miran con lupa, que é o período medio da pagamento que temos, e que para este segundo trimestre se sitúa nuns nove días. Hai que ter en conta que os Concellos temos 30 días para aprobar as facturas que nos entran, pero a media, unha vez superado este trámite de aprobación da factura, está en nove días, que é algo realmente moi positivo e que, como digo moitas veces, hai dez anos cando a honra de ter a alcaldía por primeira vez estas cifras mareaban porque estaban os prazos de pago practicamente a un ano vista. Nada que ver con aquel momento, si temos moitos retos por diante, si necesitamos ter o músculo que se precisa para todos os proxectos que temos en marcha. E estamos convencidos de que os iremos levando adiante, tal e como fomos levando adiante todo o que nos propuxemos”.
Ao pleno deste xoves tamén irán os festivos locais de 2018: “volvemos propoñer, e ademais foi un acordo unánime na comisión informativa previa, o día de San Roque (xoves 16 de agosto) e o día da patroa (sábado 8 de setembro)”.






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



