Ribadeo, 20 de setembro de 2017. O alcalde, Fernando Suárez, esta mañá participou xunto a outros membros do equipo de goberno na concentración celebrada ás portas do centro de saúde e convocada polo colectivo sanitario para amosar o rexeitamento dos ribadenses á supresión da Área Sanitaria da Mariña. O rexedor subliñou que “queremos deixar de ser a periferia da periferia”.
Suárez Barcia declarou: “estamos nesta concentración que convoca o colectivo sanitario para protestar contra a supresión da Área Sanitaria da Mariña, sendo uns máis, como cidadáns, pero tamén como representantes institucionais lexítimos do pobo de Ribadeo, que queremos dicirlle á Xunta que así non se fan as cousas e que non queremos que a Área Sanitaria da Mariña desapareza, que non queremos que o Hospital da Costa pase a ser un gran ambulatorio”.
Para o alcalde “por moito que existan a día de hoxe obras de ampliación, trátase de aumento de espazos pero non de servizos, nin moito menos. Queremos deixar de ser a periferia da periferia. Somos unha comarca de máis de 80.000 habitantes que ten moitos problemas, pero non queremos que o da sanidade sexa un dos máis graves que agora mesmo poidamos ter. Non queremos ter que facer como hai 30 anos, antes de que houbera o Hospital da Costa: que para calquera cousa importante teñamos que acabar indo a Lugo”.
E engadiu: “vamos combater civicamente e democraticamente con todos os instrumentos que teñamos para facerlle reflexionar a esta xentiña do goberno do PP da Xunta de Galicia”.
Xunto ao alcalde, aos traballadores do centro de saúde e aos veciños e veciñas de Ribadeo estiveron os concelleiros e concelleiras de Servizos Sociosanitarios, Desenvolvemento Local e Limpeza Viaria.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



