Daniel,¿qué che parece isto?. Ti recorta, engade, troca.. fai o que consideres oportuno.
Eu voume deitar: son as 4,30 horas. Ata logo, Suso
SAN MARTIÑO-FOZ: 40 ANOS DE ESPERA
Suso Fernández
En 1976 publicou este cronista o seu primeiro libro, que era tamén o da igrexa: ”Guía histórica y artística de San Martin de Mondoñedo”. Fora prologado polo eminente escritor e xornalista, don Xosé Trapero Pardo, moi coñecido e apreciado en Foz, onde veraneou 67 anos consecutivos “sen faltar- nos dixera nunha ocasión- nen o ano que estalou a guerra civil” e onde dende os anos 50 leva o seu nome a rúa que, do Campo da Cabana, chega á Rapadoira.
En páxina final da guía, dase conta da xa executada 1ª fase das importantes obras de restauración e conservación ,realizadas entón, baixo a dirección do ilustre arqueólogo e catedrático da USC don Manuel Chamoso Lamas que foran inauguradas o día 11 de novembro de 1966, acto no que Alvaro Cunqueiro pronunciara un brillante e inesquecible discurso.
Detállanse tamén as obras a realizar na “inmediata” 2ª fase , e dise: “…. se incluye también la instalación de un Museo Parroquial que guardará piezas únicas por su valor histórico y artístico,como el Anillo Pastoral y Báculo de S. Gonzalo, del S.IX, y otras piezas que han pertenecido a S. Martín y que pasarán a enriquecer el patrimonio expuesto en el mismo”.
Isto é o que, con 40 anos de retraso, se realiza actualmente ; feito que tanto nos satisface, pois trátase de algo de verdadeira transcendencia, incrementando o interese para os numerosos visitantes; instalado no interior da Basílica, exemprar único do pre-románico galego, e Monumento Nacional, a carón da que se contempla a obra do prestixoso artista plástico “Caxigueiro” , enmarcada pola beleza do novedoso xardín botánico “Espazo Caritel”,de 3500 metros cadrados de extensión, no que se admira unha ampla mostra de plantas exóticas e autóctonas, en coidada disposición; entre elas unha colección de mais de cen especies distintas de camelias; o lamentable é que houbera que esperar 40 anos dende aquéla, para que se consumara tan interesante proxecto, de singular engado como lugar de outo interese no laudable obxetivo que se persegue da desestacionalización do turismo, que sen dúbida se logrará, cando das palabras se pase á acción e se poñan os medios e os esforzos precisos que toda empresa ambiciosa esixe. Nese senso San Martiño, co conxunto a que aludimos – historia, arte e exaltación da natureza -é, sen lugar a dúbidas, o mais engaiolante espacio do territorio municipal de Foz; e como tal, tamén o mais visitado.





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



