Ribadeo, 28 de decembro de 2017. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que a Xunta lle da a Ribadeo o que lle ten que dar procedente do Fondo de Cooperación Local. Así responde ás declaracións feitas nas últimas horas polo portavoz do PP. O rexedor subliña que hai uns días a Xunta ingresoulle ao Concello 80.000 euros dunha subvención de 2014 para o arranxo dunha rúa, e lembrou que “tivemos que ir a un contencioso e pedir a execución da sentencia para que aboasen estes cartos”. Suárez Barcia insiste na necesidade e na falta de investimentos do goberno galego para a acometida da auga, para o saneamento ou para a residencia de maiores, e pídelle a Jesús López que deixe de ser tan servil co PP e que defenda á xente de Ribadeo.
O alcalde ribadense manifestou que “este voceiro do PP local que non ten voz cando ten que debater temas de sanidade que lle afectan aos ribadenses marchando do pleno, é o mesmo que agora di moi contento que a Xunta lle dá 425.000 euros ao Concello de Ribadeo para que os invista no que queiramos. Evidentemente cando está a dicir iso, sabe torticeiramente que está referíndose ao sumatorio que a Xunta de Galicia lle dá a este concello como a todos os concellos. Non é ningunha especialidade diferenciadora que lle dea a Ribadeo. Todo o que nos dá do Fondo de Cooperación Local responde a uns baremos tanto para Ribadeo como para os outros concellos, en función da súa dimensión, da súa poboación, do seu territorio, etc… Da o que ten que dar, xa sería o colmo”.
Para Fernando Suárez “cando chegan a isto supoño que dentro duns días dirán todo o que paga o Estado aquí nas pensións dos xubilados ou o que paga a Xunta nas nóminas de profesores, médicos e demais funcionarios que traballan aquí en Ribadeo, seguro que tamén o poñen no seu haber. Insisto en que dan o que teñen que dar como subvencións ordinarias e nada máis”.
O rexedor lembrou que “aínda hai poucos días ingresaron na conta do Concello de Ribadeo unha subvención que data do 2014 na que nos deron 80.000 euros para unha rúa que custou o dobre, e que non nola quixeron pagar porque toda a discrepancia estaba nin máis nin menos en que o Concello fixo o pago o último día do prazo e o banco ingresou ese diñeiro ao contratista ao día seguinte. Por esa cuestión dunhas horas non nos quixeron abonar estes 80.000 euros, tivemos que ir a un contencioso que gañamos hai moito tempo, pero logo tivemos que pedir a execución da sentencia porque non querían ingresar. Finalmente ingresaron hai poucos días o de hai practicamente catro anos. Este é un exemplo dos moitos que demostran a actitude que ten en numerosas ocasións a Xunta de Galicia con Ribadeo”.
O alcalde de Ribadeo declara que “levamos anos pedindo que nos axuden a cambiar a acometida principal da auga que custa varios millóns de euros, igual que fan noutros concellos, e ata o de agora nada. Levamos pedindo dende hai moitos anos que invistan en saneamento como investiu o goberno bipartito de hai varios anos e ata o de agora nada, a pesares de que os veciños de Ribadeo puntualmente pagan o canon da Xunta da auga e do saneamento sen que ata o de agora tivéramos un retorno mínimo. Supoño que dentro de pouco tempo virán enchéndose a boca de que nos van dar algo extraordinario, é algo que merecemos polos anos que levan os veciños custeado e abonado eses canons de auga e de saneamento”.
Fernando Suárez engadiu que “outro exemplo do que falan é da residencia. Foi esperpéntico que, tendo a competencia a Xunta de Galicia en materia de residencias e de política social, tivésemos que ser nós desde o Concello de Ribadeo xunto coa Deputación quen sacase este proxecto adiante”.
O rexedor diríxelle unha recomendación ao voceiro popular: “eu a miña recomendación, que levo varios anos na política local e que lle quero facer a este voceiro local, a Suso que por outra banda non é mala persoa nin moito menos, que deixe de ser tan servil, tan obediente e tan lacaio se cabe do PP e dos seus xefes, e que lles erga algo máis a voz aos que nel mandan, que defenda dunha vez á xente de Ribadeo e que deixe de dicir amén a todo. El sabe que moitas das cousas que di non as cre nin el, que aprenda un pouco dos que o precederon no mandato anterior que diante de inxustizas que tiña a Xunta con Ribadeo non calaban a boca e obrigaban a que a Xunta tivera que pensar un pouco máis o que estaba a facer”.






















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



