O meu mundo e a miña vida son as fendiduras dunha roda que vira e vira, gira y gira que do o tango bonaerense. Constata a miña torpeza. Miro cara a adiante e miro as mesmas pedras coas que, si podo, si me deixan, volverei tropezar, e cometer así os mesmos erros do pasado. Porque, aínda que poida parecer absurdo… ansío facelo. Quen sabe, talvez teño alma de kamikaze.
A roda vira e vira, ás veces máis axiña, outras veces dun modo máis lento e dormilon. No medio da roda: eu, sabedor de que fai xa tempo fun capaz de parar o tempo, frear o movemento constante da roda e controlar a situación… pero naquel momento optaches por axudarme e intúo que xa non é o mesmo.
Este xogo é imposible gañalo só con faroles… e a día de hoxe iso é o único que teño; ti tes as cartas ganadoras. Si a sorte non me bota un cable, lévoo claro. E mentres: “vira o mundo vira…”. Como unha roda. E poda que volvamos a ter o que xa tivemos tantas veces a o longo da nosa triste historia, vivas a o exercito, a garda civil florear de trapos de cores que algunos din bandeiras, que non unen, enfrentan, patrias patriotas e xentes de mal vivir e peor obrar…….calade todos porque por esas corredoiras so se vai o inferno….deixar de odiarse…un estado que odia ou o odian non merece existir nun mundo bo e xeneroso.















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



