Viveiro 6-10-17. Con motivo da celebración da I Edición da proba deportiva PenedoMan, a celebrar o próximo día 07-10-2017, faise necesario proceder aos seguintes cortes ou modificaciones no tráfico e circulación de vehículos, nas vías que se indican:
-Avd. de Cervantes: permanecerá cortada ao tráfico dende as 16:00 horas ata a finalización da saída da prueba, aproximadamente sobre as 18:30 horas.
-Os usuarios que pretendan acceder á parte alta do casco de Viveiro deberán facelo a través da carretera das Nogueiras, extremando a precaución nas interseccións, ao poder atoparse cos participantes da proba.
-Nas intersecciones que afectan ao recorrido da prueba, tales como Antonio Bas, Rego das Frores, Plaza Juan Donapetry, Pontelabrada, Jesús Noya, etc, deberase circular extremando as precaucións á atención á condución, xa que cabe a posibilidade de encontrarse con participantes da proba.
-Os vehículos procedentes de San Roque, antes de chegar a Pe de Boi, atoparanse cunha curva pronunciada, que estará debidamente sinalizada, na que os participantes en bicicleta cruzarán a calzada. Contarase con persoal de apoio para alertar aos condutores da presencia de ciclistas na calzada.
-A restricción máis importante ao tráfico rexistrarase na Avd. de Cervantes; no resto de vías por donde discorre a proba circularase con precaución e prestando especial atención ás normas de circulación que atañen á preferencia de paso de vehículos sobre ciclistas e peóns.
Pídense disculpas polas molestias que estas medidas poidan ocasionar, entendendo que este tipo de iniciativas deportivas son positivas e que deben ser potenciadas.
Para máis información con respecto aos cortes e modificacións no tráfico e na circulación de vehículos, pode contactarse coa Policía Local.





















O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.



