Burela 7-10-17. O Pescados Rubén Burela FS sucumbiu no gran duelo da pista do todopoderoso Atlético de Madrid (6-3), nunha cita na que o espectáculo goleador se fixo esperar ata a segunda parte. A xornada 4 deixa as mariñás en pugna pola cuarta praza de Primeira coas madrileñas (9 puntos), con Ourense Envialia, Jimbee Roldán e Móstoles no podio, con 10 puntos.
Despois do descanso, o rápido gol de Marta Pelegrín, no 23, abriu definitivamente o encontro, con intensas idas e vindas de ambas as escuadras. Reestableceu as táboas no marcador, tan só 2 minutos despois, Dany, de disparo cruzado, e Lara, no 29, puxo por diante as laranxas pola escuadra. A vantaxe mariñá viuse diluída superada a medianía do segundo acto, co 2-2 de Ju Delgado nun potente lanzamento. Reaccionaron as de Julio Delgado e Lucas con xogo de cinco, pero quen atopou os beneficios foi o conxunto lcoal, en senllos roubos de balón; desde cancha propia Marta Pelegrín e Amelia poñían e 4-2 a cinco minutos da conclusión. Desi a pase de Leti asinou o 5-3, no 37. As galegas non baixaron os brazos en busca da remontada e Bea Mateos rubricou o 5-3 a porta baleira, con pouco máis dun minuto para o desenlace. Amelia culminando unha contra foi a autora do definitivo 6-3.
Fonte: ACFSF (Gustavo Voces)
Ficha técnica
Atlético de Madrid Navalcarnero: Estela, Marta, Leti, Ju Delgado, Ame, cinco inicial; tamén xogaron Bruna, Desi, Nerea Moldes, María Sanz
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Bea Mateos, Julia Forsiuk, cinco inicial; tamén xogaron Lara, Sara Correia, Judith, Sofía
Goles: 1-0, minuto 23, Marta; 1-1, minuto 25, Dany; 1-2, minuto 30, Lara; 2-2, minuto 32, Ju Delgado; 3-2, minuto 34, Marta; 4-2, minuto 26, Ame; 5-2, minuto 37, Desi; 5-3, minuto 39, Bea Mateos; 6-3, minuto 40, Ame.
Árbitros: Báez Perandones//Morales Ibáñez (Madrid). Por Navalcarnero, amarela a Desi, Nerea e Ju Delgado
Incidencias: Partido da cuarta xornada de Primeira División RFEF disputado en La Estación























Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
