O Xefe do Estado, na súa mensaxe do pasado 3-O, renunciou representar ao conxunto da cidadanía e demitiu do seu papel constitucional de árbitro e moderador das institucións para se converter no valedor do modelo social e territorial da dereita española. A Coroa rachou a neutralidade que lle impón a Constitución, declarouse parcial e excluiu implicitamente do seu concepto de España a aqueles que non asumen a idea unitarista (uninacional, unilingüe e radial canto ás súas comunicacións terrestres ) que proxectou. Non por acaso un político tan ecuánime como o lehendakari Urkullu amosouse “abraiado” e declarou que as verbas de El Rei xerábanlle a máxima “decepción e preocupación”.
Na súa mensaxe o Xefe do Estado pechou calquera vía de negociación ou diálogo, desautorizando a xa comprometida posición do PSOE e PSC . Calou sobre as agresións sofridas por milleiros de cidadáns cataláns o 1-O por parte do Goberno do Estado (que lle causaron feridas a case 900 persoas ) e alimentou unha reacción españolista con nidios acenos de intolerancia e mesmo violencia que encheu este domingo as rúas de Barcelona. Formas ríspidas, uso íntegro do castelán (malia dominar o catalán) e o retrato do seu devanceiro Carlos III ( quen prohibiu o ensino en catalán, galego e euskera) enchían a escea.
Felipe de Borbón esqueceu que no século XXI os pobos conviven polo mutuo acordo e non por imposición e conquista. Esqueceu que os reis nas Monarquías parlamentarias son neutrais e non asumen o relato dunha parte como propio do conxunto da sociedade. Xa que logo, vencellou indisolúbelmente a sorte da Monarquía á do modelo antigo e caduco desa España unitarista e uninacional que non ten máis solucións para a convivencia e a integración dos distintos pobos do Estado ca a imposición autoritaria do “lo tomas o lo tomas”.
A ARRINCADEIRA. O unionismo ateiga Barcelona.
Efecto da chamada do Xefe do Estado foi a masiva demostración do domingo en Barcelona, que xuntou 350.000 persoas segundo a Garda Urbana. Moitos dos manifestantes viñan de fóra de Catalunya, traídos polo PP e organizacións afíns e algúns deles amosaron actitudes agresivas fronte aos Mossos ou xornalistas. Actitudes que até de agora non se viron nas moitas demostracións independentistas.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



