Ribadeo, 13 de outubro de 2017. A Área de Limpeza do Concello ven de adquirir unha hidrolavadora autónoma coa que está a realizar estes días traballos de lavado a presión en beirarrúas e prazas da vila.
O concelleiro de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos, Jorge Díaz Freije, subliña que “nunca tivemos ata o de agora unha máquina destas características. E estamos moi satisfeitos de contar con ela porque facilitará moito as tarefas de limpeza de beirarrúas, prazas e outros puntos que o poidan necesitar”.
O edil ribadense sinala que “xa leva esta máquina uns días baldeando certas zonas coma beirarrúas, prazas… dentro dun planing de lavado a presión que deseñamos no Concello. Este tipo de lavado era unha necesidade en certas zonas, nas que pouco a pouco se vai ir actuando”. Unha das zonas nas que traballará esta hidrolavadora autónoma será no aparcamento da praza de abastos: “unha vez que remate a poda das árbores realizarase unha baldeo xeral”.
Díaz Freije pide “a máxima colaboración aos veciños e veciñas da vila de Ribadeo, xa que para que se poida conxugar o descanso con certas tarefas todos debemos colaborar no posible”.
O investimento nesta máquina hidrolavadora ascendeu a uns 4.000 euros.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



