LUGO, 19 de outubro de 2017.- Alejandro Pena López-Boado é o único candidato a presidir NNXX de Lugo. O mozo lucense, que entregou máis do número de avais necesarios que marcan os estatutos para poder concorrer a este proceso, convertirase así o vindeiro venres, 27 de outubro, no novo líder da organización lucense. Será no marco do congreso que a agrupación xuvenil celebrará ese día, e que se enmarca dentro do obxectivo que persegue a dirección provincial de seguir renovando as distintas agrupacións locais.
O candidato ten 28 anos e é empresario no sector farmacéutico. Dende os 18 anos milita no Partido Popular; “unha vocación, engade, que aprendeu do seu avó José Serafín Pena Souto”, pois este foi membro da primeira corporación democrática de Lugo e chegou a convivir con oito alcaldes no Concello.
Neste senso, a presidenta provincial, Rosa Arza, agradece o compromiso manifestado polo aspirante, pois “grazas a compañeiros como Álex seguiremos medrando como Partido”. E é que o candidato destaca por ser “un activo moi importante en Novas Xeracións, que sente as siglas e que sempre está a disposición de traballar por elas”, subraia Arza.
Campaña electoral interna
Logo de coñecerse que só existe un único candidato, Pena López Boado rematará a súa campaña electoral interna este domingo, 22 de outubro, para converterse o venres 27 no novo presidente de NNXX de Lugo.
Deste xeito, a lucense será a terceira agrupación da provincia que renova a súa dirección. Previamente, xa se celebraron os congresos para elexir novo presidente en Sarria e en Triacastela.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



