Vaia por diante que respecto a calquera persoa que o pasado 12 de outubro festexou o seu sentimento patriótico. A miña patria é outra, é Galicia, mais respecto profundamente o noso Estado e os seus estamentos. Estamentos que son de todos e todas, como son o exercito e a policía. Sobre isto si me preocupan xestos e simbolismos. Preocúpame a politización do desfile deste ano, feita a conciencia e con coñecemento de causa. Preocúpame a lectura e o énfase feito dende a TV pública de moitas partes do desfile. Acaso esquece o goberno e os partidos da oposición: PSOE e Ciudadanos, socios precisos, as “Reales Ordenanzas para las Fuerzas Armadas de España” que din que o exercito é necesariamente apolítico. Coido que están a pasar unha liña vermella desas que eles tanto gustan de poñer ás negociacións. Ala eles coa súa irresponsabilidade.
Un capitulo especial merece o uso político da Policía Nacional, teño moitos amigos neste corpo e sei da súa profesionalidade e entrega. Dóeme como cidadán que sexa este precisamente o primeiro desfile no que participan, xa sabemos con que intención e para alimentar que posicións, dóeme porque usase partidariamente un corpo digno e profesional. Pregúntome si a presenza da Policía Nacional non tiña máis sentido depós da súa actuación no 11M, non era máis lóxico e máis inclusivo, recoñecer daquela a súa labor? Ala eles coa súa responsabilidade, notouse moito o que buscaban.
Coido que é moi grave que o Presidente do Estado, estea permanentemente actuando como Presidente do Partido Popular, tomando decisións con fondo electoral e partidista. É irresponsable.
Tampouco escapa o compadreo entre PP e PSOE incluso con ZP e González presentes, demostrando que os posibles cambios de fondo que afectan o seu Status Quo de moqueta é mellor defendelas xuntos, só espero ver o señor Felipe González, que levaba moitos anos sen asistir e partillaba moito co Señor Feijoo, no desfile de Colombia así vai demostrar un pouco de credibilidade como cidadán colombiano que tamén é. Como líder social xa fai tempo que a perdeu.
Aínda hoxe me sorprende o uso partidista dos estamentos do Estado, que iluso, pero aquí están fallando no fondo, se buscan pechar filas con manobras tan bordas e pobres coido que lles vai explotar nas mans, a xente non é tan parva. Ese día certifiquei que quero ser máis Europeo, máis Castrexo e menos Hispano.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



