Lugo, 21 de agosto de 2017.- A Consellería de Sanidade inicia hoxe, luns 23 de outubro, a campaña anual de vacinación fronte a gripe, que se prolongará durante as próximas dez semanas, ata o seu remate o 29 de decembro.
Como cada ano o obxectivo desta iniciativa é minimizar o impacto da gripe na saúde da poboación lucense mediante a vacinación, tentando diminuír o número de casos e a gravidade das complicacións derivadas de padecela.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do xerente da estrutura de xestión integrada provincial, Ramón Ares, e da xefa territorial da Consellería de Sanidade, Begoña Seco, explicaron en rolda de prensa os pormenores dunha campaña que aspira a incrementar os datos de poboación protexida.
Así por exemplo, indicaron que a provincia de Lugo contará con 154 puntos de vacinación repartidos ao longo de todo o territorio: desde os centros de saúde, aos hospitais da rede Sergas, centros sanitarios privados, residencias da 3ª idade e outros centros con residentes susceptibles de beneficiarse desta vacinación, como poden ser os penitenciarios ou os que acollen a persoas con discapacidade, entre outros.
Amais ao igual que o ano pasado, a Consellería de Sanidade conta cun portal web específico -http://gripe.sergas.gal- con información técnica e de xestión para profesionais sanitarios e con aspectos prácticos para a cidadanía.
Poboación diana
A campaña de vacinación fronte a Gripe 2017 diríxese a todas as persoas con 60 ou máis anos e ás persoas de 6 meses a 59 anos que pertenzan a algún grupo de risco. Aquí estarían incluídas ás persoas con enfermidades crónicas cardiovasculares ou respiratorias; persoas institucionalizadas con procesos crónicos; persoas con enfermidades metabólicas crónicas (diabetes) ou inmunodeficiencias; os nenos e adolescentes -a partir de 6 meses- con tratamentos prolongados de aspirina; persoas con obesidade mórbida; e mulleres embarazadas.
Tamén se inclúen na poboación diana os grupos que poden transmitir a gripe a outras persoas de alto risco -como traballadores de centros sanitarios ou residencias- así como persoas que desenvolven traballos esenciais para a comunidade, como policías, bombeiros ou traballadores dos servizos de emerxencias.
Obxectivos e loxística
A campaña de vacinación durará dez semanas, polo que insisten, hai tempo suficiente para facela progresivamente. Neste senso, lémbrase á poboación que os vacinados en calquera momento da campaña estarán protexidos cando chegue a onda epidémica. En calquera caso, no conxunto da provincia máis de 10.467 persoas xa teñen solicitada a súa cita na actual campaña
Para incrementar as coberturas entre a poboación, a Consellería de Sanidade establecerá axendas de citación especial para a vacinación nos centros de saúde de Atención Primaria. E a partires da cuarta semana de campaña, os profesionais de Enfermería de Atención Primaria promocionarán a vacinación mediante un consello telefónico dirixido á poboación entre 65 e 74 anos dos seus respectivos cupos.
O Goberno galego destina para este fin un orzamento de 1.956.240 euros, cos que a Xunta adquiriu 560.000 doses para esta campaña autonómica. Destas 250.000 son de vacina reforzada, destinadas a persoas ingresadas en residencias da terceira idade e para o resto de persoas maiores de 75 anos, e as 310.000 doses restantes son vacinas antigripais convencionais, destinadas á poboación de calquera idade, a partir dos 6 meses de vida-.
Resumo da campaña 2016
Como xa vén sendo habitual, a provincia de Lugo, despois da de Ourense, foi a que acadou unha maior taxa de vacinación:
En termos globais, en 2016 o 59,87 % dos maiores de 65 anos na nosa provincia recibiron a vacina, o que confirma a tendencia positiva, xa que esta porcentaxe se incrementou en dous puntos con respecto ás cifras do ano 2015, cando se vacinou o 57,87% da poboación deste grupo de idade.
As coberturas foron máis elevadas nos maiores de 75 anos. Neste grupo de idade, acadouse o obxectivo marcado xa que a cobertura superou o 65%.
Pola súa banda a cobertura de vacinación en menores de 60 anos incrementouse con respecto á tempada anterior, pasando do 23,09 ao 25,30%, tamén dous puntos superior.
O incremento máis significativo na ratio de cobertura vacinal, tivo lugar entre os traballadores de centros sanitarios e hospitais (persoal médico e de enfermería) xa que pasou do 22,41% ao 32,18% na última campaña, o que supón dez puntos máis.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



