O 1º de novembro de 1967, hai xusto 50 anos, a entón peña O Lar foise a Monterroso para asistir á súa soada Feira de Santos. A viaxe, no coche de Chús, non lembramos as horas que levou… Na baca do mesmo ían unhas bañeiras de sardiñas coas que convidar ós feirantes; material de cuxa custodia e distribución se encargaba un persoeiro singular: Manolín, “ o gitano da Espiñeira”. Na parte posterior do autocar penduraba un salvavidas cun gran letreiro: “A peña O Lar- Foz saúda a Monterroso”. Ó día seguinte o xornal noticiaba: “A las 12, 30 h. llegó a Monterroso la peña focense O Lar, despertando la consiguiente expectación. Este animado colectivo acudía con el producto más original: las sardinas. Más tarde, en la “eira” de una casa de campo improvisaron un hogar donde prepararon una suculenta “sardiñada”, con pan de Melide y buen tinto de la tierra; de la que hacían partícipes a cuantos feirantes se acercaban por sus proximidades. Por si los monterrosinos necesitaban salvar su vida en el día de Santos, aparecieron los de Foz con su salvavidas y, sobre todo con sus sardinas, pues ellos saben que la carne, sin un entrante de pescado, es indigesta”.
Pouco tardaron en devolver a visita, e por xullo chegou á nosa vila, fletando un autocar,a peña “A Ulla” cun cargamento de productos do porco, e esta salutación: “A Ulla saúda ao Lar,/ o pernil aos mexilóns;/o pobo de Monterroso/ saúda á vila de Foz”!
Os tertulianos do Lar andaban por entón afanados en xuntar cartos para instalar a calefacción ó Asilo de Anciáns e os excursionistas deixaran un xenerso donativo a tal fin, fixándose a norma de intercambio anual, que se mantivo vixente varios anos,ata que a aparición de colesterois, hipertensións,ácidos úricos e demais atrancos, comezaron a facer estragos na tropa, o que obrigou a, paseniño, ir abandonando as trincheiras; pode decirse, polo tanto que, a saborosa e leda xuntanza, finara “por prescripción facultativa …”
Naqueles encontros, de feliz memoria, nunca faltaban, no amplo repertorio, as dúas cantigas tradicionais: “Se vírades o que eu vinhe/ai!, na feira de Monterroso;/ vinche cinco xastres xuntos,/ai! da cabalo dun raposo”. E tamèn a clásica da nosa beiramar: “ O mais enxebre de Foz/ é a pena da Rapadoira;/o viño da cas Remixia/ e as nenas da Corredoira …”.
Son vivencias inesquecibles que quedan para a nostalxia. Alguen dixo que “vivir consiste en construir futuros recordos …”



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



