Mondoñedo, 30 de outubro de 2017.- As obras de ampliación da escola infantil, que inclúen a construción dunha nova unidade e o seu correspondente aseo para cubrir a demanda de novas prazas por parte das familias que precisan deste servizo, darán comezo este xoves, 2 de outubro.
Os traballos, que foron adxudicados por importe de 49.980 euros, aos que hai que engadir outros 20.000 para o equipamento, terán unha duración de dous meses. Deste xeito, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia apela á “implicación e comprensión de todos” –familias, profesorado e usuarios-, pois este tipo de traballos sempre alteran un mínimo a normalidade das actividades.
“Agardamos que transcurran e se desenvolvan con normalidade. Sabemos que como obras que son sempre ocasionan certo trasego, polo que debemos de facer un esforzo por ser compresibles, xa que nun tempo non moi longo, as familias e os nenos terán unha escola mellorada e, o que é máis importante, que daremos cobertura á demanda existente”, remarca a responsable do Goberno local.
Colaboración municipal e autonómica
Esta inicitiva é posible grazas á colaboración conxunta do Concello e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, dependente da Xunta de Galicia.
O proxecto de ampliación cumpre coa normativa vixente no que ás condicións de seguridade se refire. Neste senso, ademais da dirección deobra, conta cun coordinador de Seguridade que ten encomendada a dita función ademais da vixilancia das obras, en todo o referido ao control das mesma e á súa posible interferencia na vida cotiá do centro e, polo tanto, dos usuarios, evitando calquera contacto dos nenos coa zona acotada, así como os ruídos e calquera outra molesta que tentarán non interfira no ritmo diario da escola.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



