Lugo, 31 de outubro de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde e o autor, Antonio Rivas Pol inauguraron este martes Acuarelas da miña proximidade. Trátase da nova exposición que o Goberno da Deputación leva sala de Exposicións do Pazo de San Marcos dende hoxe e ata o 20 de novembro, con entrada totalmente gratuíta. Recolle 35 acuarelas deste autor autodidacta. A obra deste pontenovés, autor completamente autodidacta, reflicte paisaxes da Pontenova, Lugo, Chantada, Ferrol e Betanzos, que son os lugares onde exerceu a súa vida laboral como mestre.
O Presidente explicou que “as acuarelas de Antonio Rivas amosan sensibilidade e frescura, e están dotadas dunha luz especial. Coa inauguración desta exposición contribuímos a poñer en valor a obra dun autor autodidacta nun espazo publico da capital lucense, que tamén serve para achegar aos lucenses paisaxes únicos da nosa provincia como a praia das Catedrais, a praia de Ares, ou enclaves da Mariña Lucense”.
No acto de presentación, tamén houbo recital de poesía coa participación de Xulio Xiz, Jesús María Trashorras Nogueira, José Estévez e Luisa Arias.
Campos Conde lembrou que o autor participou en 20 exposicións individuais e 16 colectivas por toda Galicia. A dia de hoxe, a súa obra atópase repartida por diferentes lugares da xeografía española e ata no estranxeiro en coleccións particulares, así como en diversas institucións.
Pintor autodidacta
Antonio Rivas Pol naceu na Pontenova, (Xudán ,1948), e estudou Maxisterio en Lugo, profesión que exerceu ao longo da súa vida profesional en diversos lugares: Chantada (Lugo), Caborana (Asturias), Betanzos e Ferrol. Desde sempre sentiu a necesidade de expresarse por medio do debuxo e a pintura, área que impartía aos seus alumno, e na que se especializou co obxectivo de alcanzar unha maior formación con cursos oficiais coa achega de expertos en temas que consideraba importantes. Foi así como coñeceu ao acuarelista asturiano Sellaño; a quen invita ás súas clases de plástica coa finalidade de ensinar ao alumnado esta técnica. Os seus comezos foron óleos, a partir da amizade con este acuarelista foi pasando gradualmente ao mundo da acuarela en exclusividade. Conversacións, lecturas, visitas a exposicións e moito papel roto, son os métodos de traballo de Antonio Rivas, pintor autodidacta. “Sempre creo no camiño persoal de cada artista como aceno de formación, atopando na paisaxe un mundo inagotable de aprendizaxe e inspiración”, sinala para explicar a súa afección.
Horario
O horario da mostra, que estará exposta ata o 20 de novembro, é de luns a venres de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas; sábados dende ás 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas, e domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



