Ribadeo, 2 de noviembre de 2017. O hotel restaurante O Cabazo estrea menú degustación composto por dous aperitivos, un primeiro prato de culler, un prato de peixe e un de carne, e unha sobremesa.
Con esta nova proposta gastronómica O Cabazo ofrece nos aperitivos pastel de lacón e grelos con fío de aceite de pimentón e mini brocheta de polbo. O primeiro prato é “nuestra cazuela” de fabas de Lourenzá á mariñeira.
Este menú degustación complétase con lombiño de bacallao confitado a baixa temperatura sobre pisto de verduras naturais e segredo de porco ibérico ás herbas provenzais con patacas parisinas. E de sobremes, crema de avelás sobre bizcoito tostado e po de caramelo.
Estes pratos acompáñanse cun viño tinto (Mencía ou Rioja crianza) ou viño branco (Albariño, Godello ou Ribeiro), auga mineral, café e licores da terra.
O prezo para dúas persoas é de 60 euros, no que se inclúe unha botella de viño por parella. Desde O Cabazo advirten que este menú degustación servirá a mesa completa. Poderase degustar todos os días da semana, tanto á comida como á cea.
Desde a xerencia do hotel restaurante O Cabazo animan “a acercarse a saborear esta nueva propuesta gastronómica, que pretende poner de relieve los productos de nuestra tierra y nuestro mar. Nuestro menú está pensando para los clientes del restaurante de toda esta zona, de la Mariña y el Occidente asturiano, y también para los turistas que nos visitan en cualquier época del año, para que conozcan los productos de aquí como el lacón, los grelos, el pulpo o las fabas de Lourenzá”.
O teléfono para reservas é o 982 128 517.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



