Cervo, 2 de novembro de 2017.- O Concello de Cervo, a través da delegación de Turismo reforzou e renovou a sinalización turística coa instalación dunha trintena de indicadores.
A actuación supuxo un investimento de 9.257 euros, financiados ao 80% pola Axencia de Turismo de Galicia, que aportou 7.465 euros, e os restantes foron subvencionados con fondos municipais.
O rexedor, Alfonso Villares, puntualizou que se mellorou fundamentalmente a sinalización das diferentes praias que temos no Concello, A Caosa, Rueta, O Torno, Cubelas, A Limosa e Area Pequena, e ademais tamén instalamos novos indicadores para identificar as Antigas Fábricas de Salazón e a Área de Autocaravanas que temos habilitada na Zona da Veiga, e que “está a ser un puntal moi importante do Turismo no noso Concello”, que puxemos en valor tamén coa instalación de rede wifi municipal ou a mellora da iluminación conseguindo un espazo confortable para os visitantes, que rexistrou varios días este verán unha ocupación do 100%.
Villares recordou así mesmo que “segundo os datos que recollimos na nosa Oficina de Turismo, o número de persoas que nos visitaron o pasado verán incrementouse en máis dun 20%; polo que a nosa intención é seguir nesa liña, e ofrecer cada vez máis e mellores servizos para facer de Cervo un destino vacacional de primeira orde, e as melloras na sinalización tamén van nesa mesma liña.
A edil de Turismo apuntou que “estas novas sinais que instalamos son o primeiro paso dun plan de renovación integral da cartelería turística do Concello, de feito a nosa intención é substituir de xeito gradual as antigas e homologar toda a sinalación do municipio para ofrecer unha imaxe unificada acorde co potencial turístico que ten o noso Concello.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



