Alfoz, 3 de novembro de 2017. Este sábado en Alfoz continúan as actividades de outono. Desta volta ás 20:00 horas no salón de actos do Centro Sociocultural chega desde o concello veciño de Abadín Ángeles Goás que nos deleitará cunha sesión de contos para adultos chamada “O medo é libre”. Tal e como apunta a narradora “ os contos recollidos nesta sesión son historias de vida que nos falan dos medos que conviven con nós no día a día, que nos moven ou nos paralizan. Aínda así eles non teñan a última palabra, porque o medo é libre, si…, pero nós podemos decidir que grao de liberdade queremos darlle”.
A continuación, a partir das 21:30, no polideportivo municipal celebrarase un magosto en colaboración coa ACX O Castelo, con cena, animadores e hinchables para os nenos, actuación do dúo Merengue e, como non, castañas. O menú da cea estará composto por xamón cocido, callos, costela asada con crema de castaña, tarta de Santiago e castañas asadas. O prexo será de 20 € para os socios da ACX O Castelo e 23 € para o público en xeral. Tamén haberá menú infantil ao prezo de 10 €. Os tickets estarán á venta ata hoxe venres podendo solicitalos no número de teléfono 677 308 552, na casa do Concello, no Restaurente o Frenazo e na Peluquería Marité.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



