As obras de conservación e restauración mais transcendentes do cenobio de San Martiño foron as realizadas, a conta do bispado, no segundo tercio do S.XIX cando, a raíz do seu grave deterioro, a punto estivera de ser derruído; e as que, polos anos 60 do século XX, a Dirección Xeral de Belas Artes realizou, dirixidas polo profesor Chamoso Lamas, no interior e exterior do templo, co traslado do camposanto e a construcción dos accesos á igrexa. As excavacións deron lugar ó achado de tumbas; pezas tan importantes como un sepulcro e a súa campa, ou tapa suévica, e unha nutrida colección de moedas que se amosarán ó público de forma permanente, unha vez rematadas as actuais obras do museo.
Co centenario das primeiras (11-11-1866) celebrouse un solemne acto o día de San Martiño de 1966; xornada á que o insigne Alvaro Cunqueiro, que coa súa verba, tan elocuente e erudita, puxo a nota da súa calidade literaria cunha alocución inesquecible, que comezou, seguindo a costume antiga, saudando ó prelado con estas verbas: “Meu Bispo e señor…”, para agregar: “… tiña razón o párroco don Xosé de chamar “cuna olvidada” a aquel templo, e que pouca veces se presentaba ocasión a un escritor coma él para falar ante aquelas pedras, ”que parecen labradas por mans imposibles”, pois faise verdade a frase de Ruskin: “ nas catedrais os anxos poñían a súa man nunha voluta ou nun capitel para expresar de modo admirable algún misterio”. “Quizás aquí anxos cantores deron leccións ós que labraron este templo”.
Ó referirse a San Gonzalo, dí que “parece que estamos vendo un século de armaduras.Gonzalo, na invasión normanda, salvou nestas terras os centeos e as viñas entón existentes; viñas que eran as mais hiperbóreas de Galicia, nacidas á beira do mar, un mar no que o santo derrotou ós normandos, rezando avemarías…”.
Referíndose ó sol, que locía naquel momento, asegura que “é o milagre anual de San Martiño, que é a media capa que un día repartiu cun mendigo; e fai referencia ás historias que falan do manto e a capela do santo”.
Dirixéndose ó doutor Argaya: “Creo, señor Bispo, que ata aquí viñeron os bretóns que, descubrindo as néboas que cubren estas terras, fixeron posible que esta néboa sexa para vós como unha capa magna, xa que o mundo non ten hoxe a paz que hai neste rincón…”.
Hai cincuenta anos desta fermosa peza oratoria de Cunqueiro, que extractamos; non a esquecimos quen tivemos o privilexio de escoitala.


















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



