A asociación cultura A Pomba do Arco organiza o venres 17 de novembro ás 20:30 na casa da cultura de Foz un debate sobre a peonalización da avenida da Mariña no que participaran Xavier Castiñeira (alcalde de Foz), Xosé María Linares (portavoz do PSOE), Lorena Seivane(portavoz do BNG) e Luís Sixto (portavoz de Foz plataforma de fututo). O obxectivo deste acto é informar aos veciños e as veciñas de Foz sobre as propostas que teñen para a zona desde a equipa de goberno e dos grupos que fan parte da corporación, favorecer o debate entre a veciñanza e os representantes públicos sobre as alternativas previstas, coñecer os proxectos previstos para a avenida Álvaro Cunqueiro e outros espazos do centro urbano e posibilitar a clarificación das dúbidas dos veciños e veciñas.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



