Lugo, 22 de novembro de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, participaron este mércores no acto de conmemoración do 40º aniversario da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL). O Goberno da Deputación é a única administración galega que colabora con este colectivo para impulsar a actividade dos máis de 800 profesionais lucenses que o integran a través dun investimento de 60.000 euros. O organismo provincial tamén contribúe a difusión das súas iniciativas a través da Fundación TIC. De feito, no acto de hoxe proxectouse un vídeo promocional da APEHL elaborado polo profesionais da TIC.
Campos Conde deu a noraboa a APEHL polo seu aniversario e, de xeito especial, aos catro profesionais homenaxeados: Ángel López-Leytón, Alberto García García, Santiago Argüeso e José Luís Loureiro. O Presidente puxo en valor a actividade de todos os profesionais que integran este asociación e destacou que “celebrades 4 décadas de intenso traballo en defensa e impulso dun dos sectores punteiros da economía da nosa provincia: o hostaleiro”.
“Falar da riqueza turística da nosa provincia supón falar da hostalería e do traballo que levades. Cantos visitantes lembrarán a nosa provincia e dirán … E para como Lugo. Estamos orgullosos de colaborar co voso traballo en defensa e impulso do conxunto do sector turístico da nosa provincia, do que sodes parte imprescindible, sendo a única administración galega que o fai, aínda non ter as competencias directas. Levamos feito un intenso traballo e aínda nos queda moito por facer. Non cesaremos coa nosa actividade conxunta, pois creo que é fundamental a suma do sector privado e do público, agardando o inicio da colaboración por parte da principal administración galega, para converter Lugo nun referente turístico no país. Xuntos podemos facelo”.
Colaboración da Deputación
O Goberno da Deputación destinou este ano un total de 60.000 euros ás actividades que levan a cabo os máis de 800 hostaleiros lucenses que forman parte da APEHL. Con estes fondos, os membros da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo elaborou para todos os establecementos material informativo sobre a oferta turística e gastronómica da provincia. Por exemplo, salvapratos co mapa da provincia que inclúen códigos QR sobre puntos de interese turística nos Concellos. Tamén celebrou eventos como as xornadas gastronómicas Estase cocendo, dedicada ao cocido; ou Cume Tapas, que afondou sobre o pratos da Ribeira Sacra. Ademais, fíxose promoción exterior da campaña E para comer, Lugo, e ata cursos de formación, como o de especialización en enoturismo, que se baseou no aproveitamento cultural da viticultura.
Homenaxeados
Campos Conde fixo entrega ao hostaleiro Ángel López-Leytón do Restaurante Leytón de Foz do agasallo de agradecemento que lle outorga a APEHL. Ademais tamén foron homenaxeados os hostaleiros Alberto García García, Santiago Argüeso e Jose Luis Loureiro, que foron os primeiros fundadores desta entidade.
























Os cortes de circulación aplicaranse desde as 12.15 horas ata a finalización da sesión vermú e, de novo, desde as 20.30 horas ata o remate das actividades festivas en ambas as dúas xornadas. O Concello agradece a comprensión da veciñanza e recomenda planificar os desprazamentos tendo en conta estas restricións temporais.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continúa o sábado, a partir das 19.00 horas, coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
As persoas asistentes poderán degustar a tradicional merluza de pincho preparada en diversas elaboracións, nun ambiente festivo que se completará con animación musical para gozar dunha noite de sabor, encontro e bo ambiente.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



