Mondoñedo, 23 de novembro de 2017 .- O Concello de Mondoñedo xunto co Centro de Información ás Mulleres da administración local organiza para este sábado 25 de novembro unha serie de actos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
A alcaldesa, Elena Candia, xunto á edil de Benestar, Ángeles Rodríguez, explicaron as accións que se desenvolveran baixo o lema de ‘Mondoñedo di non á violencia de xénero’, entre as 11:00 e as 13:00 horas, na Praza do Concello.
Segundo precisan, dende o Concello empapelarase a localidade co cartel de ‘Mondoñedo di non a violencia de xénero’ e máis co nome de cada unha das vítimas desta lacra no que vai de ano.
Ademais de habilitar un punto de información na Praza do Concello a partir das once da mañá e do reparto de lazos morados entre os veciños; ás 12.00 horas, Mercedes Rodríguez Moreda, Directora Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, lerá o manifesto ‘Mondoñedo di non á violencia de xénero’ tras o que seguirá unha concentración silenciosa e unha solta de globos en memoria de cada unha das vítimas para a que están convocados o alumnado e o profesorado dos centros educativos.
Actividade formativa
Dentro da programación con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o martes, ás 10:00 horas, tamén se impartirá unha actividade formativa sobre a trata de persoas, en especial mulleres e nenas, por parte da asociación Aliad Ultreia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade. Esta acción diríxese a persoal técnico dos Concellos de Mondoñedo, Lourenzá, Abadín, Riotorto e a Pastoriza. Terá lugar na sala de reunións de Servizos Socias- CIM do Concello de Mondoñedo.
A continuación, ás 12:30 horas, a asociación Aliad Ultreia tamén ofrecerá unha charla sobre a mesma temática ao alumnado de BAC e FP do IES San Rosendo de Mondoñedo, no salón de actos do centro educativo.
Mesa Local de Coordinación Interinstitucional
Ademais, este venres, ás 12:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo será a presentación oficial da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero, un instrumento operativo onde están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero, co obxecto de procurar unha maior eficiencia da resposta ante a grave vulneración de dereitos que supón a violencia de xénero.



















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



