Cervo, 23 de novembro de 2017.- A Praia do Torno, de San Cibrao, vén de ser galardoada por terceiro ano consecutivo coa bandeira Ecoplayas, que recibimos hoxe mesmo no Concello; un distintivo que outorga a Asociación Técnica de Gestión de Residuos y Medio Ambiente (Ategrus), tendo en conta aspectos como a limpeza intensiva do areal, a calidade da auga, a existencia de equipamentos óptimos, as condicións de accesibilidade e o conxunto dos servizos prestados aos usuarios.
Neste senso, O Torno é un dos 6 areais galegos que recibe este recoñecemento e o único da provincia de Lugo; “certificando así o bo traballo que se está a facer en materia de xestión ambiental; poñendo en valor as nosas costas e os servizos que vimos ofrecendo”.
O rexedor, Alfonso Villares quixo recoñecer a labor dos distintos traballadores municipais “responsables de que, por terceiro ano consecutivo, podamos traer para Cervo este galardón que outorga un valor engadido aos nosos areais e é un estímulo para seguir a traballar dende o noso compromiso co medio ambiente”
A edil de medio ambiente, Manuela Méndez, recordou que esta praia do Torno conta cada ano cos certificados oficiais máis prestixiosos en canto á calidade dos servizos e a xestión mediambiental como é a Bandeira Azul ou a Ecoplayas que vimos de recibir.






















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



