Foz, 24 de novembro de 2017. Foz acollerá os días 28 e 29 deste mes, martes e mércores da vindeira semana, unha campaña gratuíta de imprimación de lúas de vehículos organizada por la delegación local de Seguros Mapfre. Será o martes 28 na zona portuaria focense, concretamente xunto á piscina municipal, e o mércores 29 na avenida de Álvaro Cunqueiro, enfronte ás oficinas de Mapfre Foz.
Todos os interesados, sexan clientes de Mapfre ou non, deben levar o seu coche a eses lugares e expertos de Cristalbox aplicaranlle ao parabrisas a imprimación que repele a choiva polo que permite ter maior visibilidade durante a condución. E ademais realizarán un tratamento con ozono no interior do vehículo para eliminar malos cheiros e bacterias. Todo de maneira totalmente gratuíta en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Esta actividade levarase a cabo se as condicións meteorolóxicas o permiten, porque se chove terá que ser aprazada para outros días.
A delegación de Seguros Mapfre en Foz, que está na Avenida de Álvaro Cunqueiro, número 25, reabriu no pasado mes de outubro con nova dirección, a cargo de Maite López Rego. Na oficina tamén traballa Lorena Seivane García, como xestora de clientes.
A oficina de Mapfre en Foz está aberta ao público de luns a venres en horario de 09:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00. Os teléfonos de atención aos clientes son o 982.132.152 e o 619.24.96.60 e tamén poden contactar a través do correo electrónico lopemt@mapfre.com.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



