Ribadeo, 30 de novembro de 2017. O Mercado do Nadal volve a Ribadeo e terá lugar dos días 6 ao 10 de decembro na rúa San Francisco e a súa contorna. Estará aberto en horario 11 a 14 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes. Trátase dun evento organizado pola Concellaría de Turismo, Desenvolvemento Local e Comercio.
Segundo explica a edil Ana Martínez “a través da celebración deste evento, o Concello busca favorecer en maior medida ao comercio da vila e animar Ribadeo así como promocionar a artesanía e os seus profesionais. Nesta edición os postos estarán dispostos na rúa San Francisco e no parque, onde ademais se desenvolverán actividades paralelas, que animarán a vindeira longa ponte festiva en Ribadeo”.
A concelleira ribadense contou que “a presente edición acollerá 25 actividades artesanais recollendo diversos oficios, produtos alimenticios e manufacturados, pero cun elemento en común o arte do feito a man. Tamén haberá queixos, embutidos, doces, instrumentos musicais, cerámica e xoiería. Cómpre salientar que este mercado é unha iniciativa totalmente profesional”.
Ana Martínez dixo que “a celebración do Mercado do Nadal virá acompañada como cada ano de actividades de animación para todo público desde a infancia ata os maiores, durante estes días tense prevista a celebración de obradoiros e actividades paralelas que de seguro animarán Ribadeo nesta Ponte. Haberá dous talleres dirixidos á infancia, un de reciclaxe de refugallo de mar e outro de elaboración de adornos de Nadal”
E engadiu: “asemade o mercado virá acompañado de moita música, pasarrúas , concertos dos grupos de Body & Soul, que terá lugar o día 7 de decembro ás 19:00 horas , o grupo The Ken Song actuará o día 8 á mesma hora e o domingo teremos unha actuación matinal ás 12:30 horas do grupo Toyemerendas. E o sábado Amigos da Gaita organizará unha gran foliada e un magosto”.
Ana Martínez relatou que “haberá tamén unha exposición de talla e madeira organizada polos Amigos da Madeira de Ribadeo e que estará situada na antiga oficina de turismo, e que contarán con mostras de torno ao longo dos días 6 e 8 de decembro a cargo da Asociación de Amigos da Madeira das Pontes”.


















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



