Todo ía máis ou menos ben, dialogo, negociación, mecanismos de Estado comúns, competencias… descentralizando e desconcentrado. Mais nada fóra do común que non estivese regulado no marco legal da bilateralidade, que ven sendo as regras de xogo para entenderse dúas partes. Camiñábase nunha realidade de pobos que sempre foi a península Ibérica, o Estado é un invento máis ben recente.
Que mellor forma de actuar que aquela administración, de todos, máis cércana fose a que en realidade xestionase o día a día da xente.
Pero entón chegou o PP e mandou parar!!! Un Partido Popular rancio e botado o monte, fixo traizón á propia transición, polo menos a súa esencia, a que levou a aceptar o café para todos por moitos, a bilateralidade que deseñaba un Estado a longo prazo de transferencias e competencias compartidas. O PP transformouse no Búnker do dogma e dende a súa maioría cargouse a bilateralidade do Estado: recurso contra o Estatut, Lei Montoro de intervención, deixou de convocar os Consellos de ámbito estatal, intervención nas caixas, intervención en Concellos e CCAA… É o PP que máis traizoa a esencia do Estado.
Mentres a derita facía isto o PSOE estaba ensimesmado mirando o reflexo do que foi, e nunca voltará a ser. Pero tamén é participe deste cambio, reforma do 135 da Constitución e reforma laboral, os socialistas non só traizoaron o principio de bilateralidade e descentralización, traizoaron á base traballadora do seu partido, e depós dín que son municipalistas.
Compre recuperar a bilateralidade para avanzar no autogoberno e construir unha Europa dos pobos. Non se pode actuar de parte, nin os cataláns nin os comandantes do macizo central do PP, o dialogo é a esencia do traballo de dúas partes, e hoxe poucos apostan polo dialogo, a aplicación do 155 polo bloque de conformistas: PP, PSOE e C´S é a mostra de que os espírito bilateral da transición está morto.
No 2017 non se pode estar a falar de imposición, intervención, unilateralidade … tiñamos que estar cambiando a Constitución, que tiña que estar desenvolta por completo, para avanzar na esencia dos pactos do café para todos: a bilateralidade.
Pregúntome eu logo, quen son os que están facendo trampa?
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



