Que cousas pasan! O chamado ‘Bácul de Mondoñedo’, peza singularísima da ourivería do románico, está exposta na sala 16 do Museu d`Art de Catalunya. Non sei se hai ou non probas documentais das sucesivas operacións que teletransportaron esta marabilla desde o Ribadeo de principios do s. XIII ata o MNAC do Parc de Montjuïc de Barcelona, museo onde se garda tamén, por certo, parte do controvertido ‘tesouro’ das monxas de Sijena.
Retrocedamos. Vaiamos á historia do báculo apelidado de Mondoñedo que en orixe, en realidade, procede de Ribadeo. Entre 1199 e 1218, breve período no que asentou en Ribadeo a diocese mindoniense, gobernaba o bispo astorgano Pelaio II de Cebeira. O tal morreu o 3 de novembro de 1218 e foi soterrado na Colexiata de Santa María do Campo de Ribadeo.
A mediados do s. XIX, cando o edificio da Colexiata estaba en ruínas, uns din que estaba na sancristía e outros que no sartego cos restos do bispo, apareceu o báculo do que falamos, xunto con dúas “sandalias de guadamacil pajizo y negro”, obxectos que foron trasladados entón á sede catedralicia de Mondoñedo e custodiados na secretaría de cámara do bispo.
O báculo en cuestión é unha fermosa peza de Limoges datada no primeiro cuarto do s. XIII, elaborada en cobre embutido e repuxado, cicelado e dourado con aplicación de esmalte «champlevé» e perlas de vidro;medidas, 32,1 x 14,9 x 7,6 cm. En 1859 o arqueólogo e historiador José Vilaamil e Castro enviou á Real Academia da Historia un informe moi detallado, acompañado de magníficos debuxos. A esfera, dicía, remata en forma de voluta con cabeza de serpe; no interior, o arcanxo Gabriel (San Miguel) loita contra un dragón, cuxa cola se alarga ata a empuñadura. J. Villaamil deu a coñecer estas pezas xunto cos debuxos en sucesivas publicacións da súa autoría.
En 1873 o goberno da I República ordena incautar o báculo xunto con outras pezas e ordena que se envíe ao Museo Arqueológico Nacional para a súa conservación en depósito ata que “se organizara el provincial de Lugo”.
Porén, a orde non se chegou a executar e o báculo e outras pezas permaneceron ao coidado do Goberno Civil de Lugo ata que en febreiro de 1875 o cabido mindoniense, a petición do gobernador civil de Lugo, elabora unha listaxe de pezas incautadas en tempos da República para recuperalas . E así foi!
Despois, o báculo viaxou como peza singular que era á Exposición Histórico-Europea que se celebrou en Madrid en 1892 e 1893 e á Exposición Rexional de Santiago de 1909.
Mais as peripecias do noso báculo non acaban aquí. En 1912, ou 1913, para facerlle fronte ás débedas por unhas obras que se realizaron entre 1910 e 1912 na catedral de Mondoñedo, e que excederan moito o orzamento inicial, o Cabido, co consentimento escrito do bispo Juan José Solís, venderon o báculo ao coleccionista catalán Lluis Plandiura pola cantidade, apunta E. Cal Pardo, de 38.000 pesetas.
O 9 de novembro de 1.934 o Museo Nacional d’Art de Catalunya merca mil oitocentos sesenta e nove obxectos da colección Lluis Plandiura por 7.000.000 de pesetas. O báculo era un deles!
Aínda que no Museo Catedralicio e Diocesano de Mondoñedo se conserva unha réplica de tan singular peza, non estaría demais pedir que se deixase ver por aquí a orixinal (a falta de dereitos de retracto) como fixo en 1991 con ocasión da magna exposición ‘Galicia no tempo’.
Antonio Reigosa –cronista oficial de Mondoñedo




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



