LUGO, 16 de decembro de 2017.- “O Partido está a ser a plataforma de apoio para os nosos principais axentes: as agrupacións locais”. Así iniciou a presidenta provincial do PP, Elena Candia, a súa intervención perante aos máis de 600 afiliados da provincia, que participaron no xantar de Nadal, organizado pola dirección do Partido, e que contou coa presenza, entre outros cargos orgánicos, do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo; o secretario Xeral, Carlos Armesto; o presidente do PP de Lugo, Ramón Carballo; o voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro; e o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro.
Achegar o Partido á xente
A dirixente dos populares fixo balance do traballo realizado polo Partido ao longo deste ano. Para elo, apoiouse nun vídeo editado para este encontro de confraternización, que leva o título “Co PP, Lugo adiante”. A través deste documento gráfico destacou que “un dos retos que cumprimos foi achegar o Partido á xente, e fixémolo, indicou, con foros e xornadas centrados en temas de interese para a cidadanía, como a sanidade, o medio rural ou a educación”. A este respecto, lembrou os seguintes: A sanidade lucense a debate; Día da Muller: Resistencia aos antibióticos “Un reto e un plan para o vacún de leite”, A violencia de xénero, unha realidade na sociedade; a I Convención de Política Social e Igualdade; e o I Congreso sobre Convivencia no eido da Educación.
Apoio do Partido a proxectos importantes para a provincia
O apoio do Partido aos proxectos relevantes para a provincia foi outro dos obxectivos sobre os que xirou a actividade dos populares ao longo deste exercicio. Foi o caso, das inauguracións das obras do treito da Autovía Lugo- Santiago (Melide-Palas de Rei) ou da gardeiría de Burela; a presentación do proxecto do 1º Centro de Saúde Integral de Galicia, no barrio da Residencia; a supervisión das obras de ampliación do Hospital da Mariña; a edición do Xornal de Lugo; a Intermunicipal celebrada en Zaragoza; ou o Día de Galicia, celebrado en Vilalba.
Traballo na Deputación
A presidenta tamén tivo palabras para o intenso traballo realizado na Deputación, “moitas veces en silencio”, dixo, pero que permitiu: aprobar os Orzamentos de 2017 (84,8 millóns de euros); por en marchar o 1º Plan Único, cun reparto equitativo para os 67 Concellos da provincia (20 millóns de euros); Aprobar o 1º Plan Extraordinario de Estradas provinciais (15 millóns de euros), ou desbloquear as residencias da terceira idade, grazas as xestións do PP para o cambio na presidencia e o de estatutos en SUPLUSA.
Xestión do Goberno e da Xunta para a provincia
Explicar aos lucenses os beneficios concretos da xestión dos Gobernos Central e Autonómico, tamén foi outro dos aspectos nos que fixo fincapé Elena Candia. Dentro destre apartado apuntou as dintintas reunións levadas a cabo en Burela e Monforte sob a Lei de Saúde Pública que permite blindar os hospitais comarcais; as roldas de prensa sobre as principais partidas dos Orzamentos do Estado e da Xunta coa participación de deputados no Senado, no Congreso e no Parlamento de Galicia; ou a participación nas Xuntas Directivas dos conselleiros de Medio Rural, Educación, Infraestruturas, Política Social ou Economía, Emprego e Industria.
Renovación de agrupacións
O PP tamén fixo un traballo exhaustivo por renovar as distintas agrupacións da provincia, así como as de Novas Xeracións. No primeiro caso, inclúense as de A Fonsagrada, A Pastoriza, Cervantes, Cervo, Lugo, Monterroso, Ourol, O Saviñao ou Xermade. No caso da agrupación xuvenil, renováronse as de Alfoz, Lugo, Sarria e Triacastela.
Reforzo da Comunicación do Partido e das agrupacións
Elena Candia tamén destacou que se reforzou a Comunicación do Partido e das agrupacións da provincia con máis de 500 notas de prensas e coa edición de boletíns informativos, como os de Láncara, Castroverde, Monterroso ou O Valadouro, que xa foron distribuídos entre os veciños dos respectivos municipios.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



