A Mariña 17-12-17. Os días 15 e 16 de decembro, nas librarías Porta de Vila de Viveiro e Lila de Lilith en Compostela, tivemos a oportunidade de debater sobre o papel que as mulleres ocupamos nos colectivos sociais, así como cales son os temas que son obxecto de preocupación das mulleres á hora de mobilizarnos.
En Viveiro contamos coas activistas Antonina Semedo, Isabel Vilalba Seivane, Susana Riveira Fernández e Laura Bugalho. En Compostela acompañáronnos Marisela González Ataide, Antonina Semedo, Paz Filgueira e Patricia Porto Paderne.
Coa presenza destas colaboradoras puidemos coñecer o que significou para as mulleres caboverdianas de Burela a unión na asociación Batuko Tabanka, o proxecto da batukada feminista en diferentes puntos xeográficos do país, o establecemento de liderados femininos nos colectivos, a influencia que ten na sociedade a presenza de mulleres no sindicalismo obreiro e labrego, os transfeminismos, a ausencia de perspectiva de xénero na xustiza, a aparición das redes sociais como un instrumento en mans do activismo, a necesidade de referentes femininos para as novas xeracións de rapazas, o asociacionismo relacionado coa saúde das mulleres, e outros temas relacionados coa temática da axenda feminista deste ano.
A Axenda Feminista 2018, que leva por nome Activistas Galegas, conta con 12 activistas que son referentes en Galiza: Nela Abella, Iria Villar, Patricia Porto Paderne, Isabel Vilalba Seivane, Valentina Formoso Gosende, Laura Bugalho, Susana Riveira Fernández, Adriana Casal Rama, Marisela González Ataide, Carmen Vilaboa, Paz Filgueira e Antonina Semedo.
Reflectimos nas páxinas da axenda as loitas no activismo ecoloxista, sindicalista, da saúde das mulleres, activismo cultural, loita local, de transfeminismo, xustiza, de normalización da lingua, activismo no terreo da discapacidade funcional, das mulleres migrantes e de internacionalismo.
O deseño das tapas correu a cargo da deseñadora Abi Castillo.
O día 19 pecharase este ciclo de presentacións na Libraría Bahía de Foz.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



