Lugo, 18 de decembro de 2017. A Deputación ofrece a lucenses con esclerose múltiple un servizo diario de fisioterapia a través de ALUCEM, que é o único colectivo social que hai na provincia que atende a persoas con esta doenza. O Goberno Provincial destina ao mesmo unha axuda anual de máis de 10.000 euros para contratar a un fisioterapeuta que está a disposición dos 84 asociados. Deputación e ALUCEM ofrecen deste xeito un servizo imprescindible no tratamento desta enfermidade, que tenta compensar as limitacións de acceso á prestación do SERGAS por ser insuficiente, pois hai unha longa listaxe de espera debido á falta de recursos que destina a Xunta de Galicia.
A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, informou este luns da colaboración do organismo provincial con ALUCEM no encontro que mantivo coa Presidenta e Vicepresidenta deste colectivo, Rachel Feliciano e Verónica Corral, respectivamente, con motivo do Día Nacional de Esclerose Múltiple, no que se situou unha mesa de cuestación no Pazo de San Marcos. Á falta de datos oficiais por parte da Xunta de Galicia, estímase que son unhas 400 persoas na provincia de Lugo as que sofren esclerose múltiple.
“No día Nacional da Esclerose Múltiple, colaboramos coa campaña que desenvolve ALUCEM para dar visibilidade a esta enfermidade, informar á cidadanía sobre a doenza e dar a coñecer na provincia a labor que dita asociación desenvolve cos seus usuarios, é a que contribuímos dende o Goberno Provincial dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural”, subliñou a Deputada.
“É preciso que a Xunta de Galicia mellore os servizos públicos para atender a persoas con esta enfermidade, pois os que hai son insuficientes, obrigando aos colectivos sociais a buscar fondos e axuda doutras administracións, coas que ofrecer prestacións fundamentais para atención diaria das familias. É exemplo disto ALUCEM, que, coa colaboración da Deputación, ofrece este servizo diario de fisioterapia, ademais doutro de psicoloxía”.
Rachel Feliciano agradeceu a colaboración do Goberno da Deputación “que axuda a garantir que os nosos usuarios reciban unha atención básica que lles permita enfrontar os brotes propios da doenza, tanto a nivel físico como psicolóxico. É necesario tamén que os doentes coñezan a labor de apoio e acompañamento que desenvolvemos dende a asociación, baseado nas experiencias persoais que vivimos as persoas que temos esta enfermidade”.
ALUCEM
A Asociación Lucense de Esclerose Múltiple de Lugo é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa en toda a provincia de Lugo, na que están integrados unhas 85 persoas. Esta asociación foi creada no ano 1996 por un grupo de persoas interesadas en coñecer máis esta doenza e mellorar a investigación neste eido. Un dos obxectivos principais desta asociación é a de levar a cabo un proceso rehabilitador de todas as persoas afectadas de Esclerose Múltiple. Outro dos obxectivos que perseguimos desde ALUCEM é o de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas, adecuando os recursos á súa individualidade e a un estilo de vida activo.






















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



