Ribadeo, 18 de decembro de 2017. O Concello traballa na redacción dun novo proxecto para a creación dun viario que comunicará a rotonda da A-8 en Vilaselán coa avenida Rafael Fernández Cardoso. Este asunto conta co apoio de todos os grupos políticos. O alcalde, Fernando Suárez, dixo que o obxectivo é aprobalo e sometelo a información pública.
O rexedor ribadense manifestou: “cabe destacar unha vez máis a importancia de que un Concello poida ter un plan xeral de ordenación municipal vixente de acordo coas leis estatais e autonómicas, e de aí que estamos desenvolvendo pasiño a pasiño, aspectos fundamentais para o futuro de Ribadeo, non para o futuro dentro de trinta anos senón para o futuro máis ou menos inmediato”.
Fernando Suárez declarou que “levamos máis dun ano traballando na redacción dun proxecto de creación dun novo viario en Ribadeo que comunicará a rotonda da A-8 en Vilaselán coa avenida Rafael Fernández Cardoso. Será a través dun novo viario e cunha nova rotonda a situar xusto a carón da antiga estación do tren mineiro”.
O alcalde comentou que “é un proxecto que deberían desenvolver os propietarios desa bolsa de solo, que son dúas categorías de solo por unha banda solo non consolidado e pola outra solo urbanizable. Pero o Concello quere anticipar a execución deste viario, deste sistema xeral básico, por interese público. Isto é así porque quizais os propietarios desas bolsas de solo non teñan interese nestes anos actuais ou nos vindeiros. De aí que o Concello, por interese público, pode subrogarse esa obriga, e pode iniciar a execución ou executar o viario, sen prexuízo de que o que poida investir o Concello, hai que ter en conta que a obra se aproxima aos 500.000 euros e a previsión de expropiacións aos 200.000 euros, sexa posteriormente reintegrado ao Concello polos propietarios deses dous polígonos urbanísticos”. O orzamento total (licitación, expropiacións, seguimento e control ambiental e IVE) ascende a 764.000 euros.
Suárez Barcia explicou que “isto foi tratado a semana pasada nunha comisión informativa, que teño que dicir que contou co apoio unánime de todos os grupos da Corporación, o cal é boa cousa porque o urbanismo en Ribadeo sempre o tratamos de maneira unánime entre todos, e aí está amosando día a día toda esa potencia. Nas Catedrais, para o conxunto histórico e para diferentes solos que antes estaban sen uso e que se lles pode dar un uso racional e con beneficio para o interese xeral”.
O rexedor engadiu que “queremos agora aprobar inicialmente este proxecto, sometelo a información pública para que todo o mundo, os cidadáns en xeral e os posibles propietarios en particular, poidan ver de primeira man cal é a nosa pretensión, poidan alegar o que estimen conveniente, para que poidan incluso anticipar os terreos afectados ao Concello, a fin de que no seu momento no reparto de cargas e beneficios xa teñan saldado todo isto”.
Fernando Suárez subliñou que “queremos sobre todo dar unha participación pública porque me parece moi importante para o futuro de Ribadeo, pero para o futuro inmediato nestes anos vindeiros, a posibilidade de que alguén desde autovía poida acceder a Ribadeo sen ter que usar sempre necesariamente a avenida da Ría de Ribadeo, que é o único enlace practicamente que temos da autovía. É importante que Ribadeo poida ter polo tanto estes dous enlaces, estes dous accesos, e ao mesmo tempo desenvolver unha zona que a día de hoxe está bastante esquecida, no que ten que ver coa traseira da estación vella do tren mineiro de Ribadeo a Vilaodriz”.






















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



