Lugo, 22 de decembro de 2017.- 36 socialistas compoñen a nova Executiva Provincial do PSOE de Lugo. É paritaria e conta con moito peso feminino, pois os órganos máis representativos están ocupados por mulleres. É totalmente plural e representativa do conxunto do territorio lugués, así como de todos os ámbitos de participación na vida política do partido socialista (hai alcaldes, concelleiros, voceiros, deputados, militantes…).Ten un marcado acento profesional, posto que as persoas que ocupan secretarias sectoriais contan con relación directa co ámbito no que ostenta responsabilidades.
Os representantes da nova Executiva Provincial do PSOE, que foron ratificados no 3º Congreso Provincial deste venres co apoio do 83,6% dos 116 delegados (foron 97 votos a favor e 19 votos en blanco), son os seguintes:
– Secretaría Xeral (o 1º na provincia elixido en primarias): Álvaro Santos Ramos.
– Membro nato: Darío Campos Conde, Presidente da Deputación de Lugo.
– Membro nato: Miguel González Montes, Presidente de Xuventudes Socialista na Provincia.
– Presidencia: Lara Méndez López, Alcaldesa de Lugo.
– Vicesecretaría Xeral de Goberno Local: José Tomé Roca, Alcalde de Monforte de Lemos.
– Vicesecretaría Xeral de Relacións Institucionais: María Loureiro García, Alcaldesa de Viveiro.
– Secretaría de Organización: María del Mar Iglesias García, secretaria de organización da agrupación local de Guitiriz.
– Secretaría de Acción Política: Sonsoles López Izquierdo, Deputada de Promoción Económica e Social, Emprego, Benestar e Igualdade no Goberno Provincial.
– Secretaría de Política Municipal: Argelio Fernández Queipo, Alcalde da Fonsagrada e Deputado de Cooperación cos Concellos no Goberno Provincial.
– Secretaría de Acción Electoral: Horario Rouco Ferro, Concelleiro, voceiro e secretario xeral da agrupación local de Palas de Rei.
– Secretaría de Medio Rural: Claudio Garrido Martínez, Veterinario oficial de Medio Rural e militante na agrupación de Sarria.
– Secretaría de Benestar: Isabel Rodríguez López, tenente de alcalde de Viveiro, Concelleira de Benestar Social e Licenciada en Medicina.
– Secretaría de Sanidade e Deportes: Miguel Fernández Méndez, Concelleiro de Deportes de Lugo, Diplomado en Enfermería e Máster en Coidados de Enfermería.
– Secretaría de Igualdade: Patricia Otero Rodríguez, Concelleira de Servizos Sociais de Burela, avogada laborista e militante na agrupación de Burela.
– Secretaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible: Edmundo Maseda Maseda, Alcalde do Valadouro e profesional do sector da agricultura ecolóxica.
– Secretaría de Cultura: Primitivo Iglesias Sierra, Alcalde da Pastoriza e Catedrático de Ensino Medio.
– Secretaría de Promoción Económica: Margarita López Rodríguez, Graduada Social e militante na agrupación local de Monforte de Lemos.
– Secretaría de Educación: Miguel Vilar Rivas, profesor titular da USC e secretario xeral da agrupación local de Rábade.
– Secretaría de Formación: Gloria María Prada Rodríguez, tenente de alcalde de Monforte de Lemos, Concelleira de Facenda e Réxime Interior e Graduada Social.
– Secretaría de Programas e Análise: Óscar de la Parte Chana, politólogo, especialista en administración local e militante pola agrupación local de Lugo.
– Secretaría do Mar: Ana Aranzazu Incera Ares, Técnica Superior en Saúde Ambiental e militante na agrupación local de Foz.
– Secretaría de Promoción do Territorio e Turismo: Eduardo Vidal Baamonde, Deputado de Turismo no Goberno Provincial.
– Secretaría de Innovación Tecnolóxica: Mariluz Arcos Peixoto, Licenciada en Química Industrial e militante na agrupación local de Lugo.
– Secretaría de Cooperación Social: Javier Cerquerio González, Licenciada en Ciencias Políticas, Técnico Superior en Cooperación Internacional e Desarrollo, Concelleiro e voceiro socialista no Corgo.
– Secretaría de Movemento Asociativo: Ana Canto Rodríguez, presidenta dos Valuros, directiva das Mulleres Rurais A Xuntaza, entre outros colectivos nos que ten representación, e militante na agrupación local de Castro de Rei.
– Secretaría do Militante: Natalia Marey Bermúdez, militante pola agrupación local de Lugo.
– Secretaría de Xubilados: María Dolores Vieiro Núñez, mestra xubilada e militante na agrupación local de Lugo.
– Secretaría de Transparencia: Eduardo Veiga Méndez, coordinador provincial de Izquierda Socialista e militante na agrupación local de Cervo.
– Secretaría Coordinación coa Comarca de Lugo: Silvia Rodríguez Díaz, Concelleira e voceira socialista en Portomarín.
– Secretaría Coordinación coa Comarca da Montaña: Alfredo Guiu Valle, Concelleiro e voceiro socialista nas Nogais.
– Secretaría Coordinación coa Comarca da Mariña: Rocío López García, Alcaldesa de Lourenzá.
– Secretaría Coordinación coa Comarca do Suroeste: Rafael García Figueiras, presidente da xestora socialista de Monterroso.
– Secretaría Coordinación coa Comarca de Lemos: Pedro Rodríguez Palacio, Concelleiro e voceiro na agrupación local en Pantón.
– Secretaría Coordinación coa Comarca de Sarria: Pablo Rivera Capón, tenente de alcalde de Láncara e Deputado Provincial pola Comarca de Sarria.
– Secretaría Coordinación coa Comarca da Terra Chá: Marina Ramudo Graña, Concelleira de Asuntos Sociais e Benestar de Pol.
















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



