Primavera de 1993. As I Xornadas Históricas de Foz, promovidas polo concello, congregaran , durante dous fins de semana, a mais dun cento de persoas, chegadas de diversos puntos de Galicia, e de fóra dela. A personalidade singular dun dos asistentes; a súa presenza distinguida; a pulcritude dos modais e algunhas intervencións eruditas, fixeron del centro de atención.O talante comunicativo; a modestia e simpatía, permitiu a aproximación á persoa e compartir horas de grato parladoiro nos que os coñecementos e discursos inferían un especial interese.
Staffan Mörling é o nome: sueco, casado con galega da illa de Ons; licenciado en Antropoloxía cultural, Historia da Arte e Latín; profesor de inglés na Escola Naval de Marín. O amor e admiración por este país levárono a investigar sobre as mais variadas facetas da nosa cultura.
Autor do libro”As embarcacións tradicionais de Galicia”, afanábase entón en senllos traballos sobre as estruturas do poder tradicional na Galicia rural, estudo que tiña por obxeto explicar as causas de que en Galicia non se plasmase un nacionalismo con peso político.E por outra parte a análise da canción “O cantar do Mariscal” para chegar a saber de qué tipo de canción se trata e en qué contexto nace. Escrita en estrofas de catro versos, é unha das que se cantaban por feiras e mercados, en forma historiada.”A mín chaman Tornamira, señora de gran tesouro”…, din dous dos seus versos; o que se relaciona coa lenda da existencia na Frouseira dun tesouro oculto. O estudo pretendía tamén comparala coas cancions que se fixeran en Dinamarca cando o asasinato do Rei de dito país, ocurrido a noite de Santa Cilla de 1286.
Na subida ó Pico da Frouseira, que realizaron os asistentes, Mister Mörling sorprendeo a todos: no mais outo do lugar, da bolsa de viaxe que portaba, sacou unha gaita galega, lanzando ó aire as notas garridas da “Muiñeira de Chantada”. “A Frouseira – nos diría – é un lugar que fai sentir a historia, e reflexionar sobre Galicia”.. Na estación do FEVE, mentres agardábamos o tren- medio que usaba a cotío -escoitamos a súa opinión sobre as Xornadas que acabábamos de vivir, das que dixo: “Moi brillantes, e de altísimo nivel; polo que axudarán a coñecer a realidade histórica de Galicia e a divulgar o mito e o símbolo da identidade galega que crearon os escritores e poetas do século pasado e principios do actual (XX) porque, aínda que non sempre deron coa realidade histórica sobre Pardo de Cela que coñecemos hoxe, a través das investigacións sobrepostas, o seu propósito era serio, recordando a Galicia que o réximen que representaban estes señores saíra da realidade galega. Non carece, pois, de fundamento o ver no Mariscal, un símbolo de Galicia, porque así foi. Representaba un estilo de vida tradicional desta terra, antes de que o poder central impuxera un control mais estrito deste país. As Xornadas deben constituir unha gran satisfacción para os organizadores, para Foz e toda A Mariña”.
As mesmas resultaran moi exitosas; no logro tivera moi destacado papel Staffan Mörling.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



