Santiago, 29 de xaneiro de 2018.- A empresa de transporte Arriva Galicia doa 9.671,60€ á Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) para desenvolver proxectos de apoio a mulleres con discapacidade que sofren violencia de xénero. Esta colaboración enmárcase no convenio asinado en novembro por representantes de Arriva e COGAMI que derivou na realización da “Semana Solidaria de Arriva Galicia”, que tivo lugar entre o 11 e o 17 de decembro. Así, Arriva Galicia doou o 5% de la recadación dos billetes de autobús expedidos durante ese período a COGAMI. Esta mañá, na sede de COGAMI, Juan Gómez Piña, director xeral de Arriva Galicia, fixo entrega do cheque simbólico a Anxo Queiruga, presidente de COGAMI.
Juan Gómez Piña afirmou que este é “un paso máis na colaboración que Arriva Galicia mantén con COGAMI e no compromiso da compañía coas persoas con discapacidade e os colectivos que se atopan nunha situación de vulnerabilidade maior”. Pola súa parte, Anxo Queiruga, apuntou que “esta aportación vai servir para que COGAMI continúe cos programas de apoio ás mulleres que viven situacións de violencia e sobre todo, para previr estas situacións”.
A cantidade recadada durante a “Semana solidaria de Arriva Galicia” destinarase a accións desenvolvidas por COGAMI que contribúen á mellora das mulleres con discapacidade que sofren violencia de xénero. E é que, segundo datos que manexa COGAMI, das máis de 500 mulleres con discapacidade que participaron nos seus programas, o 80% foron vítimas de violencia. COGAMI leva máis de 15 anos traballando de maneira específica en aspectos relacionados coa violencia e as mulleres con discapacidade, e loitando pola visibilidade desta lacra social.
O cheque que entrega ARRIVA a COGAMI vai ser investido en proxectos que defenderán a igualdade efectiva das mulleres con discapacidade galegas dende unha perspectiva dos dereitos humanos, facendo especial fincapé nos principios de non discriminación, igualdade de oportunidades, inclusión na comunidade, vida independente e acción positiva. A importancia destas accións é que son destinadas ao empoderamento das propias mulleres con discapacidade, para tratar de eliminar a violencia contra as mulleres na vida pública e privada, e tratar de eliminar todas as formas de acoso sexual, a explotación e trata de mulleres, entre outras.
Esta colaboración que ofrece Arriva Galicia é unha ferramenta de grande importancia para abordar desigualdades e para visibilizar calquera maneira de violencia en contra das mulleres con discapacidade. Ademais, este acordo permitirá a continuidade das accións lanzadas por COGAMI para traballar na prevención e no tratamento de casos de violencia, para que as mulleres poidan ter unha mellora na súa calidade de vida.
Arriva Galicia e COGAMI xa teñen colaborado en anteriores ocasións. Así, en 2015 asinaron un acordo para fomentar a integración laboral de persoas con discapacidade, que incluía un plan de actuación conxunta para sensibilizar e asesorar a condutores y persoal da compañía, a realización de prácticas de persoas con discapacidade na empresa, etc.
Sobre Arriva Galicia
Arriva opera en Galicia dende 1999. Con sede en A Coruña, é a principal provedora de servizos de autobús no norte de Galicia, onde transporta en torno a 5 millóns de pasaxeiros cada ano. Conta cun cadro de persoal de 290 persoas traballadoras e unha flota de 220 vehículos para servir ás principais poboacións das provincias de A Coruña w Lugo. Ademais do transporte interurbano, tamén é un dos principais operadores de transporte escolar e ofrece outros servizos discrecionais (turísticos, empresas, a demanda, etc.).
Arriva Galicia está integrada no Grupo Arriva, cun equipo que en España supera as 1.000 persoas empregadas, principalmente en Galicia, Madrid e Mallorca. Arriva, que forma parte da compañía Deutsche Bahn, é o maior operador de servizos de transporte público de Europa, onde conta con 60.000 persoas empregadas e opera en 14 países da UE.
Sobre COGAMI
COGAMI www.cogami.gal é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública e constituída por máis de 50 asociacións e delegacións de entidades de persoas con discapacidade física e orgánica de Galicia. Presta servizos ás persoas con discapacidade e xestiona directamente 11 iniciativas empresariais de economía social que empregan a máis de 800 persoas.
A nivel autonómico, COGAMI é unha das fundadoras do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) e tamén da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia). A nivel estatal, forma parte de COCEMFE (Confederación Coordinadora Estatal de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica de España).




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



