A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación dos campionatos de baristas que celebrará o IES de Foz entre os días 21 e 23 de febreiro. Trátase da undécima edición do Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, e da sexta edición tanto do Campionato Internacional de Cata de Cafés das Escolas de Hostalería como do Campionato Internacional de Baristas Profesionais. Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, o director do centro, Nicolás Asensio, e o profesor encargado da coordinación dos certames, José Ríos, entre outros.





















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



