Foz 30-1-18. Coherencia e respecto ás decisións do pleno. Non podemos pedir menos que iso.
Cando o 30 de Novembro do pasado ano tódolos grupos municipais (a excepción do PP) nos opuxemos ó peche da aula da natureza e esiximos a súa reparación, posta en valor e mantemento, o pleno tomou a súa decisión, válida de pleno dereito.
Informa o actual alcalde Sr. Castiñeira que a propietaria das aves quere recuperalas. É ben certo que calquera persoa amante dos animais espera que estes poidan vivir nas mellores condición, lonxe de polémicas e decisións políticas. Que se coiden as instalacións municipais e se asegure o mellor coidado a uns paxaros acostumados ó trato humano e que non poden vivir en liberdade, como acordou o pleno.
Non podemos consentir que a inacción e unha política de feitos consumados muden as decisións adoptadas e se trate de trasladar unha responsabilidade, inexistente, á oposición.
É obriga do actual equipo de goberno que tódolos veciños volvamos a estar orgullosos da aula da natureza, que os focegos máis cativos poidan seguir redescubrindo os matices da plumaxe dos nosos famosos pavos reais.
Fran Cajoto. Vicesecretario e Portavoz da nova executiva del PSdG-PSOE en Foz


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



