A existencia precede á esencia, esta é a máxima do existencialismo como corrente filosófica, para Ramón Piñeiro tiña moito que ver coa saudade. Eu non quero falar do existencialismo filosófico senón da necesidade de existir. Hoxe esa é a acción política do actual secretario xeral do partido socialista galego tentar existir. Non deixa de ter graza, o lonxe que está do existencialismo e da saudade da que falaba Ramón Piñeiro. O PSOE está máis preocupado de existir que da esencia propia do seu proxecto. Explícome:
Xa fai tempo que o “establishment socialista” está nunha manobra de maquillaxe, o PSdG-PSOE vendíase como “forza Galeguista”; digo de maquillaxe porque isto mesmo vendíano un tal Francisco Vázquez e outros nun perfecto castelán. Como eran outros tempos e o número de deputados lles daba para ter unha cota de “sentidores” galeguistas no Parlamento, non era difícil e quedaba bonito. Mais o problema era que na realidade final non podían traspasar a lenda de “Hombres de Estado” que tanto lles gusta ós comendadores de Ferraz e na que só eles acreditan.
Touriño algo mellorou, pero o ADN de Ferraz estaba e está moi instaurado a ademais tampouco Xocas era Ceferino aínda que viñera da UPG. Coa crise de postos chegaron os descartes de posicións, e os primeiros que sobraron foron os galeguistas, que un tal Besteiro alcumado o Kennedy galego encargouse de apartar de todo, non era unha mensaxe moderna para o da cidade amurallada que pensaba que era un senador de Illinois.
De todos xeitos os estrategos do PSOE saben que algo de rédito de “forza galeguista” podíalles quedar e todos e cada un dos dirixentes que aspiran a dirixir o chiringuito repiten o termo galeguistas como mantra nos faladoiros, pero só como letanía sen saudade e sen sentimento.
Nunha acción de existencialismo, o da necesidade de existir e da necesidade de fotos, Gonzalo Caballero foi falar de financiamento a Estremadura, nin máis nin menos que a Estremadura a esa rexión de Núñez de Balboa, de Pizarro, de Cortés, de Valdivia, de Ibarra e de Fernández Vara. Todos eles exemplos da capacidade de integración dos pobos. Que malo é o existencialismo.
Claro ese é difícil escenario para partillar de Comunidade histórica, taxa de dependencia, avellentamento, dispersión territorial, singularidade de Galicia, dos dereitos históricos, da igualdade con Euskadi e Catalunya en definitiva de “GALEGUISMO” dentro dunha construción común de estado e de Europa, porque non. Entón o que se fixo foi renunciar ó galeguismo sacar a careta de forza centralista e centradora.
Xa vedes pois o prezo da “forza galeguista” do PSOE de Galicia, unha foto cun barón socialista. Para ser galeguista é preciso unha esencia e non tanta existencia.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.


















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



