Nota de Prensa
Alcaldes, deputados provinciais e o parlamentario mariñán do PPdeG demandan que as contas autonómicas e provincias para 2009 reflictan achegas específicas para a creación e dotación dos servizos comarcais de xestión de emerxencias
XUNTA E DEPUTACIÓN INCUMPRIRON OS SEUS COMPROMISOS PARA A POSTA EN MARCHA DOS PARQUES DE BOMBEIROS NA MARIÑA LUCENSE
o “Empezaron a casa polo tellado”: A Deputación procede á adquisición duns camións nodriza antes de dispoñer dos vehículos contraincendios de primeira intervención que tecnicamente son moito máis prioritarios.
o Como unha mostra máis do desprezo da Xunta á nosa comarca Sanidade obriga ás asociacións veciñais que queiran formar parte da comisión de participación cidadá a integrarse na Federación provincial.
A Mariña, 03 de outubro de 2008.- Alcaldes, deputados provinciais e o parlamentario autonómico do PPdeG na Mariña lucense participaron nunha rolda de prensa na que puxeron de relevo que tanto o Executivo autonómico como a Deputación provincial non cumpriron os seus compromisos para a posta en marcha dos parques de bombeiros na nosa comarca. Tres anos despois de que o bipartito accedera á Xunta de Galicia e tempo despois de que PSOE e BNG adquiriran responsabilidades de Goberno no ente provincial “nada se ten feito”. Nin o parque de bombeiros de Barreiros entrou en servizo no primeiro trimestre do 2008, tal e como afirmou a vicepresidencia da Deputación, a socialista Lara Méndez, nin comezou a construción do parque de Barreiros, tal e como comprometeu o conselleiro de Presidencia, o socialista Méndez Romeu, no 2007”.
Pero sen dúbida, a situación máis esperpéntica foi a adquisición por parte da Deputación provincial de varios camións nodriza, aqueles que almacenan auga na súa cisterna para despois trasladala aos camións contraincendios tradicionais. Os populares entenden que o Goberno provincial está a “empezar a casa polo tellado”, idea na que coinciden con todos os expertos. “O prioritario desde o punto de vista técnico sería adquirir os vehículos contraincendios de primeira intervención, isto é, aqueles que chegan nun primeiro momento ao lugar do sinistro e non os nodriza, que son complementarios e moito menos importantes”.
Os populares da Mariña emprazan á Xunta de Galicia e ao Goberno provincial a abandonar a súa actual posición de desinterese pola nosa comarca e fan un chamamento a ambos Executivos para que adopten un compromiso firme coa creación e posta en marcha dun servizo de emerxencias “axeitado ao século no que vivimos”. Neste senso, esixen que tanto as contas autonómicas como as provinciais reflictan as partidas orzamentarias necesarias para levar adiante cada un dos novos parques.
“A socialistas e nacionalistas acabóuselles a escusa de botar as culpas ao PP. Agora é a súa responsabilidade. E, malia que a lei prevé que Xunta e Deputación deben garantir estes servizos de emerxencia e de loita contra o lume nos concellos menores de 20.000 habitantes, o bipartito non parece estar pola labor de asumir esta obriga”. En consecuencia “rematará una nova lexislatura e, pese as promesas e os discursos grandilocuentes das forzas do bipartito, A Mariña seguirá carecendo deste servizo”
SANIDADE PRETENDE OCULTAR A SÚA MALA XESTIÓN
Por outra banda, os populares indicaron que como unha mostra máis do desprezo co que a Xunta está a actuar en relación cos intereses da Mariña lucense, Sanidade está a obrigar a aquelas asociacións de veciños que desexan formar parte das comisións sanitarias de participación cidadá a integrarse na Federación Provincial. Todo iso, pese a que a lexislación vixente non establece esta obriga.
Segundo os dirixentes populares as trabas que desde o departamento que dirixe a socialista María José Rubio Vidal están a poñer á participación dos veciños da Mariña no órgano chamado a controlar e avaliar a calidade sanitaria da comarca ten explicación no intento de ocultar a situación real do sistema público de saúde, que se atopa moi deteriorado. “Sanidade pretende ocultar a súa mala xestión. Que os veciños da Mariña poñan de relevo as múltiples deficiencias que se están a producir nos centros de saúde e no Hospital da Costa nos últimos tres anos”

















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



