Foz, 28 de febreiro de 2018. Do 3 ao 10 de marzo Maria Antonietta Santoro, cociñeira do restaurante Il Becco della Civetta, situado en Castelmezzano, na rexión de Basilicata (Italia) visitará A Mariña para impartir cursos de cociña típica do seu país no IES de Foz e aproveitará para coñecer a comarca e o tecido empresarial da zona ligado á hostalería.
Os responsables do IES de Foz explican que “esta visita está enmarcada dentro do Programa Erasmus+ KA102, financiado pola Unión Europea e que este ano conta como novidade coa posibilidade de traer a empresarios doutros países da comunidade a impartir formación a centros do noso país. O IES de Foz participa por segundo ano consecutivo nunha mobilidade á rexión de Basilicata, tanto de alumnado como de profesorado, froito da cal xurdiu esta colaboración. Maria Antonietta Santoro impartirá formación a alumnos do centro relacionada con elaboración de pasta e doces típicos italianos: Pastiere napolitana ou Mousse de ricotta, entre outros. O martes 6 de marzo o alumnado de 2º de Cociña elaborará unha carta italiana, cun menú proposto pola cociñeira italiana baseado nos seus pratos máis coñecidos, como Purea de fave e cicoria ou o prato que presentou na Expo de Milán: Strascinati Expo, ademais de Agnello con patate al forno. De sobremesa haberá unha Mousse de ricotta, elaborada polos alumnos de 2º de Dirección de Cociña. O mércores pola tarde os profesionais da hostalería da Mariña poderán elaborar pratos típicos da rexión de Basilicata. E o xoves e o venres realizarase un curso de formación regrada para profesorado de Hostalería de oito horas de duración”.
Ademais anuncian que “no tempo libre están previstas visitas a empresas relacionados co sector da hostalería, que nutren ao noso centro de produto, e tamén a lugares como a lonxa de Burela ou o Museo da Faba de Vilanova de Lourenzá. Aproveitará para coñecer a comarca e visitar Mondoñedo, Ribadeo, Viveiro e Foz. Unha xornalista de La Repubblica realizará un seguimento de toda a viaxe para o seu medio, contando o aprendido. Toda esta viaxe está subvencionada polo programa Erasmus+”.
O director do IES de Foz, Nicolás Asensio, especificou que “vamos a aprovechar la estancia aquí de esta cocinera de un restaurante situado en la región de Basilicata, en Italia, dentro de un programa de intercambios de Erasmus+ para que imparta formación especializada a los alumnos del centro, a profesores de las escuelas de Hostelería de la provincia de Lugo y también va a participar dentro de las actividades de formación que llevamos a cabo en colaboración con la Mancomunidade de Municipios de A Mariña. Además va a aprovechar para conocer la comarca, haciendo diferentes visitas. Ella llega el sábado desde Nápoles, a través de Madrid, a Santiago de Compostela, y el domingo lo dedicará a conocer Santiago de Compostela y Coruña. El lunes, en el tiempo que le quede libre, visitará diferentes instalaciones en Burela: el barco bonitero, una cetárea de mariscos y la lonja. Participará también ese día elaborando la comida del comedor escolar de nuestro centro. El martes elaborará un menú para la carta de degustación italiana, en colaboración con el segundo año del ciclo medio de Cocina y Gastronomía, y hará una visita guiada a Mondoñedo y a Lourenzá. El miércoles, día 7 de marzo, va a visitar Viveiro y la zona de O Vicedo y Ortigueira. Por la tarde impartirá un curso para alumnos del ciclo medio de cocina de adultos y para profesionales de hostelería de A Mariña en las instalaciones del centro”.
Nicolas Asensio engadiu: “el jueves conocerá diferentes lugares en la zona de Ribadeo, pues visitará la finca As Fadegas, el Centro de Cultivos Mariños y la playa de As Catedrais; posteriormente iremos a Castropol para ver un cultivo de ostras. Por la tarde estará en unas jornadas de formación para profesores de hostelería de la provincia. El viernes participará en unas jornadas de cocina de pescado que se llevan a cabo en el centro a lo largo de todo el curso, en colaboración con la Consellería del Mar, y además visitará Foz y San Martiño. Por la tarde continuarán las jornadas de formación para el profesorado. El sábado ya se dirigirá a Madrid”.
O director do IES de Foz tamén comentou que “este intercambio surge a raíz de las visitas previas del profesorado a centros de hostelería de la región de Basilicata, conociendo distintos establecimientos para que los alumnos puedan realizar prácticas; después se hizo el contacto y decidió visitarnos”.























Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



