Burela (Lugo), 2 de marzo de 2018.- O Hospital da Costa de Burela, o centro sanitario de referencia para a comarca da Mariña lucense, veu incrementado nun 7% o seu persoal facultativo e sanitario desde ano 2009.
Hoxe traballan no centro 104 médicas e médicos, 320 profesionais na categoría de persoal sanitario non facultativo e 108 persoas nas categorías non sanitarias. Son doutoras e doutores, persoal de enfermería e auxiliares, celadores, persoal de limpeza e de cociña… etc. “que suman máis de 560 profesionais ao servizo da sanidade pública lucense”
Así o explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen indicou que o Hospital da Costa non só gañou máis persoal durante as últimas lexislaturas senón que tamén incrementou novos servizos como o de hospitalización a domicilio, a sala de quimioterapia e servizo de oncoloxía ou a segunda sala de endoscopias, entre outros.
Balseiro ofrece estes datos “fronte aos que se empeñan en pintar unha realidade distinta” ata o punto de negar o compromiso do Goberno galego cun hospital que está en plenas obras de ampliación e remodelación integral, o que supón un investimento global que supera os 20 millóns de euros.
Onte mesmo coñecíamos o compromiso da Xunta por efectuar obras de mellora de eficiencia enerxética, remodelación de fachadas, fiestras e illamento, no edificio antigo, que se efectúan de xeito complementario e coherente coa construción do novo edificio que, contiguo ao centro actual, incrementará os espazos e servizos de atención sanitaria.





















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



